Un machete é un coitelo longo, aínda que máis curto que unha espada. Comunmente mide menos de 60 cm e ten só un lado afiado. Emprégase para segar a herba, cortar a cana de azucre, podar plantas, abrirse paso na selva...

Xeralmente, o gume é moi fino na parte máis próxima á punta, que sobresea lixeiramente do machete, sendo a fronte do machete curva.

Tamén existe outro tipo de machete cuxa fronte é afiada, tendo o terzo final da coitela fío por ambas beiras. Úsase para cortar maleza e segar herba.

Variantes do machete miniatura|Variantes do machete. O facón (ou coitelo gaucho), orixinario das pampas arxentinas. O bolo filipino é unha ferramenta moi similar, pero a súa folla ensánchase chegando á punta, para facelo máis pesado no extremo cortante. Usouse como arma durante a Revolución Filipina contra os españois, e posteriormente foi arma representativa nas guerrillas da Guerra Filipino-Estadounidense. O golok de Indonesia consta dunha folla curta e grosa e unha empuñadura básica (máis efectivo en vexetación arborada). O kukri ou kukuri nepalés consiste nunha folla curva que se usa normalmente para tarefas similares. O panga (do suahili) ten unha folla máis ancha, que se utiliza en África oriental. O parang malaio ten unha folla curta e ancha, emprégase para cortar vexetación. O charapo dos Andes venezolanos, de folla ancha e curva (para todo tipo de traballos). A rula dos Andes venezolanos e colombianos, máis lixeiro e flexible. A cuma do Salvador, curta, ríxida e bastante curva. O corvo de Guatemala, longo e semicurvo, usado no corte de cana e para defensa. A guarizama salvadoreña, máis longa que a cuma e lixeiramente curva, empregada en traballos agrícolas. A guaparra de México, máis longa e delgada, coa punta en cúspide. Constitúe un ornamentos nas selas de montar. O sabre rubio de Ecuador, máis ancho no final da folla. É fundamentalmente unha ferramenta de traballo. A peinilla de Venezuela, máis pequeno e estreito que o corrente.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Ferramentas Categoría:Armas brancas