"Invalid Litter Dept." é unha canción da banda estadounidense de post-hardcore, At the Drive-In, editado o 12 de marzo do 2001 como terceiro sinxelo do seu álbum Relationship of Command. Foi lanzado en varios formatos internacionais.
A letra do tema e o seu vido musical trata dos asasinatos e as violacións de mulleres en Ciudad Juárez. A cidade atópase ao outro lado da fronteira de El Paso, Texas, o fogar da banda. A canción critica explicitamente aos "federales" (como é coñecida a policía mexicana), pola súa falta de resposta e estes casos.
Listaxe de cancións CD Estados Unidos e Australia "Invalid Litter Dept." "Initiation" (Lamacq Version) "Quarantined" (Lamacq Version) "Take Up Thy Stethoscope and Walk" "Metronome Arthritis"
7" Reino Unido "Invalid Litter Dept." – 6:07 "Initiation" (Lamacq version) – 3:36
CD1 Reino Unido "Invalid Litter Dept." – 6:07 "Initiation" (Lamacq version) – 3:36 "Quarantined" (Lamacq version) – 5:54
CD2 Reino Unido "Invalid Litter Dept." – 6:07 "Take Up Thy Stethoscope and Walk" – 5:05 "Metronome Arthritis" – 4:03 "At the Drive-In TV Ad" (vídeo protagonizado por Michael Diamond)
Categoría:Sinxelos de 2001 Categoría:Cancións de At the Drive-In Categoría:Composicións musicais de post-hardcore