A VeigaRepertorio toponímico e xentilícico da Terra Eo-Navia de Carlos Aenlle (en castelán: Vegadeo) é un concello situado na costa do Principado de Asturias, limítrofe con Galicia, no fondo da ría de Ribadeo. O seu nome orixinal é A Veiga de Ribadeo como aínda aparece na actualidade nunha inscrición no templete da música do parque d'El Medal, no centro da capital municipal.

Demografía

Lingua Este concello maiormente galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. En xaneiro de 2016 converteuse no primeiro municipio da comarca do Eo-Navia en situar o galego ao mesmo nivel có castelánO concello asturiano da Veiga declara oficial o galego no seu municipio, nova en Praza Pública o 13 de xaneiro de 2016.. Na vila naceu Armando Cotarelo Valledor, escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 1984.

Parroquias O concello divídese en 6 parroquias: miniatura|220px|esquerda|Mapa parroquial da Veiga. Número Nome Superficie (km²) % Superficie da Veiga Poboación (2018) % Poboación da Veiga Densidade de poboación (hab./km²) 1 Abres 10,49 13% 187 4,76% 17,83 2 A Veiga 9,79 12,13% 2 924 74,48% 298,67 3 Guiar 5,55 6,88% 28 0,71% 5,05 4 Meredo 27,87 34,54% 200 5,09% 7,18 5 Paramios 9,89 12,26% 81 2,06% 8,19 6 Piantón 19,17 23,76% 465 11,84% 24,26

Camiño de Santiago Coa entrada en servizo en 1987 da ponte dos Santos, os peregrinos que se dirixían á ponte do Fornacho (Santiago de Abres) para evitar cruzar a ría de Ribadeo en barca, comezaron a facelo polo novo paso, dirixíndose a Ribadeo, e desde aquí a Lourenzá e Mondoñedo. A Veiga foi tendo menos tránsito de peregrinos e só algúns seguían a antiga ruta, dirixíndose a Trabada. A Asociación Asturgalaica de Amigos do Camiño comezou a reivindicar a construción dun albergue en Santiago de Abres, paso fundamental para recuperar a vía histórica. En 2017 instalouse provisionalmente un albergue no Polideportivo da Veiga ao tempo que na Trapa (Trabada) comezaba a ofrecer os seus servizos outro albergue. Isto, unido aos labores de mellora, poza e sinalización emprendidos polo Goberno do Principado de Asturias, fixo que a ruta histórica estea a recuperar peregrinos. Para o Goberno do Principado, este foi sempre o Camiño Oficial e a única ruta do Camiño do Norte sinalada con pedras e vieiras.

Galería

Notas

Véxase tamén

Concello da Veiga

Bibliografía