Vlado Rusev Stoyanov, nado en Burgas o 27 de setembro de 1964, é un exfutbolista búlgaro. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria Na tempada 1989–90 fichou polo Deportivo da Coruña sen moita fortuna, onde tan só xogou 6 partidos e anotou 3 goles. O seu debut co club galego produciuse o 8 de abril de 1990, no encontro da 31ª xornada en Riazor contra o CE Sabadell, con vitoria branquiazul (1–0) e o gol marcado por Stoyanov.
Máis tarde xogou no PFC Lokomotiv Sofia e no PFC Botev Plovdiv.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en worldfootball.net Datos do xogador en ceroacero.es
Categoría:Futbolistas de Bulgaria Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña