Christian Grahn, coñecido coma Chris Dangerous e nado o 12 de xuño de 1978, é o batería da banda sueca de garage rock The Hives.

Biografía Grahn comezou a tocar a batería aos nove anos, e nos primeiros anos de The Hives en Fagersta, Grahn tocou tamén a batería noutra banda local, Bad Dreams Always. O seu pai formaba parte dun grupo finés de versións chamado The Sailors, que, segundo Howlin' Pelle Almqvist, era "a máis grande banda de rock de Finlandia nese tempo". O pai tamén cantaba noutro grupo chamado The Ventons.

Categoría:Baterías Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Fagersta Categoría:Membros de The Hives Categoría:Músicos de Suecia