Tuanaki ou Tuanahe é o nome dun grupo de illotes desaparecidos que unha vez formaron parte das Illas Cook, estaban localizados ao sur de Rarotonga e MangaiaBest, Elsdon. Polynesian Voyagers. the Maori as a Deep-Sea Navigator, Explorer, and Colonizer. Wellington: Dominion Museum. New Zealand Texts Collection. 29 May 2008 , a dous días de navegación cara ao sur.
En 1916 a Sociedade Polinesia de Honolulú publicou, advertindo das súas reservas sobre a súa veracidade, o único testemuño que existe destas illas, é un relato dun mariñeiro británico que pasara en 1842 seis días cos seus habitantes, un grupo de misionerios organizaron unha expedición cara a Tuanaki en 1844 pero non atoparon nada, probablemente desaparecidas logo dun terremoto, un grupo de tuanakis conseguiron deixar a illa nunha canoa antes da súa desaparición, desembarcando en Rarotonga.
Algunhas fontes consideran que os illotes de Haymet Rocks poderían ser un vestixio de Tuanaki, pero non parece probable xa que están moi lonxe de Rarotonga, máis próximas a Niue.Damien Personnaz Tuanaki: les îles qui ont mystérieusement disparu
Notas
Categoría:Illas do arquipélago das Cook