Jens Immanuel Baggesen, nado en Korsør o 15 de febreiro de 1764 e finado en Hamburgo o 3 de outubro de 1826, foi un poeta dinamarqués.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia pobre e aos doce anos comezou a traballar copiando documentos, en 1782 entrou na Universidade de Copenhague, comezou escribindo composicións cómicas. Viaxou por Alemaña, Francia e Suíza. Escribiu en alemán o poema Alpenlied. En 1790 regresa a Dinamarca e publica Labyrinthen, xa en danés. Nos vinte anos seguintes continuou a publicar obras en danés e alemán ao tempo que viaxaba por todo o norte de Europa ata asentarse en París. Entre 1806 e 1820 resiu de novo en Copenhague.
Véxase tamén
Categoría:Escritores en lingua dinamarquesa Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores de Dinamarca Categoría:Nados na rexión de Selandia Categoría:Nados en 1764 Categoría:Finados en 1826