O Premio Narrativa Breve Repsol é un premio literario creado en 2006 pola refinaría de Repsol da Coruña e impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Está dotado con 12 000 euros, en compensación polos dereitos de explotación da primeira edición en lingua galega de até un máximo de 1.500 exemplares do texto gañador, a cargo da Editorial GalaxiaPREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2018, Cultura.gal..
O patrocinio dun certame literario por parte dunha empresa petroleira foi sinalado polo Observatorio Galego da Acción Climática como práctica de greenwashing.
Obra premiada 2006: Miguel Sande, Se algún día esta muller morta Accésit Xavier Lama, O insomnio dos centauros 2007: Anxos Sumai, Así nacen as baleas 2008: Xosé Luís Martínez Pereiro, A verdade como mal menor 2010: Xurxo Sierra Veloso, Os fíos 2011: Fernando Díaz-Castroverde, Microbios e outros paquidermos 2012: María López Sández, A forma das nubes 2013: Berta Dávila, O derradeiro libro de Emma Olsen 2014: Santiago Lopo, A diagonal dos tolos 2015: Marcos Calveiro, Fontán 2016: Daniel Asorey, Nordeste 2017: Xosé Antonio Neira Cruz, O sono das sereas 2018: Antón Lopo, Extraordinario 2019: Gonzalo Hermo, Diario dun enterro 2020: Berta Dávila, Illa Decepción.Berta Dávila, coa “Illa Decepción”, gaña o XIV Premio Repsol de Narrativa Breve 2021: Xosé Monteagudo, Eternity. 2022: Alberto Ramos, Os Corpos de Romanov.
2023: Francisco Fernández Davila, Groenlandia. 2024: Alberto Ramos, Pirotecnia. 2025: Carmen Valiña, A illa que supuraba sangue. 2026: Xerardo Quintía, A miseria. Notas
Repsol Categoría:Editorial Galaxia