Juan Pando, nado en Barcelona en 1956 e criado en Madrid, é un xornalista, crítico e escritor cinematográfico de orixe catalá.
Traxectoria Despois de cursar estudos de Dereito e Xornalismo, iniciou a súa actividade profesional no xornalismo na axencia Efe, a Cadena Ser e a axencia Colpisa. Foi subdirector do quincenal vitivinícola Marco Real, redactor xefe de Gastronomía y Enología e de Nueva Banca, e produtor do programa Un mundo feliz de RNE-Radio 1. A final da década de 1980 especializouse en información de cinema, traballando dende aquela neste campo en prensa, radio e televisión.
Os seus textos publicáronse no diario El Mundo, o semanario Diez Minutos e o mensual especializado Fotogramas, entre outras publicacións.
Obra Hollywood al desnudo (Espasa Calpe, 1997) Nacidos para triunfar: Cien actores jóvenes (Ediciones B,1997) Crónica negra de Hollywood (Espasa Calpe, 1998)
Categoría:Críticos da arte Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades sen imaxes