Robert George Wigmore, nado o 8 de setembro de 1949 en Rarotonga, é un político das Illas Cook, líder do Partido Demócrata.
Traxectoria
Wigmore foi elixido para o Parlamento por primeira vez nas eleccións de 1999 na circunscrición de Titikaveka, foi subsecretario do primeiro ministro Robert Woonton antes de ser nomeado ministro de agricultura en novembro de 2002.. Nas eleccións de 2004 gañou en primeira instancia o seu escano pero logo dun recurso electoral perdeuno tres meses despois, nesa época Wigmore permaneceu neutral nas disputas sobre o liderado no seu partido.
Nas eleccións de 2006 presentouse de novo por Titikaveka pero a elección foi declarada inválida nesa circunscrición, realizáronse novas eleccións en febreiro de 2007 e nelas Wigmore logrou acceder ao parlamento.
Wigmore accedeu de novo ao goberno en xullo de 2009, substituíndo ao anterior ministro de turismo Wilkie Rasmussen. O 23 de decembro de 2009 asumiu o posto de viceprimeiro ministro, substituíndo a Terepai Maoate.. En abril de 2010 foi expulsado do partido aínda que foi readmitido nunha conferencia do partido celebrada en xuño, converténdose no novo líder do Partido Demócrata, servindo como ministro de asuntos exteriores e de agricultura ata as eleccións de 2010, no que o seu partido perdeu as eleccións aínda que el mantivo o escano.
Notas
Ligazóns externas Perfil no Parlamento das Illas Cook.
Categoría:Ministros das Illas Cook