Antonio Montero Fernández, nado no Uruguai en 1965, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria É empregado de banca, está solteiro e non ten fillos.Regidores en la provincia de Ourense . www.elcorreogallego.es, sen data. Concelleiro en Avión polo PPdeG, foi o substituto de Francisco Gil Zamora logo do falecemento deste o 29 de maio de 2005. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía e foi elixido alcalde con maioría absoluta.Concello de Avión. www.ourensedixital.com, 07/2007. Dende xaneiro do 2010 é tamén vicesecretario do PP en Ourense, posto para o que foi nomeado polo vicepresidente do Parlamento de Galicia e novo presidente provincial, Xosé Manuel Baltar Blanco.Baltar Blanco releva o seu pai á fronte do PP ourensán . www.anosaterra.org, 30/01/2010. Ademais forma parte do Consello Federal da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).Organigrama Consello Federal . www.fegamp.org, sen data. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta, que revalidou en 2015, 2019 e 2023.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Avión
Categoría:Alcaldes de Avión Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Uruguai Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados na diáspora galega