O século XXVII antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 2700 a.C. e terminou o 31 de decembro de 2601 a.C. miniatura| Estatua de Imhotep no Louvre. É o primeiro arquitecto e médico cuxo nome gravouse e sobreviviu ata os tempos modernos.
Acontecementos Galiza arredor do 2700 a.C., no dolmen de Dombate se fechou finalmente o andadeiro e rematou o seu uso ritual. Exipto 2700 a.C.: os Mesoaméricans comezan a plantar e domesticar o millo. c. (c. 3100-2686 a.C.): Fin do Período tinita en Exipto, comezo do Imperio Antigo de Exipto comprendido polas 3ª, 4ª, 5ª e 6ª Dinastías. c. 2686 a.C.: Fin da II dinastía exipcia coa morte de Khasekhemui, inicio da Terceira dinastía, cos reinados de Sanajt (ou Nebka), Zoser (Dyeser), Sejemjet, Jaba, Qa-hedyet, Huni, capital en Menfis. Imhotep, visir e arquitecto de Zoser, constrúen a Pirámide escalonada de Saqqara, a primeira gran "pirámide" do mundo. Imhotep puido vivir no reinado do sucesor de Zser Sekhemkhet. Menfis é elixida capital da Terceira e da IV Dinastía. 2700-2500 a.C.: Primeiras dinastías de Kish, de Uruk (Meskiangasher, Enmerkar, Lugalbanda, Dumuri, Gilgamesh), e de Ur dominan Sumeria. c. 2685 a. C.: faise a Lira de touro da tumba da raíña Puabi, Ur (moderna Muqaiyir, Iraq). Agora está no Museo de Arqueoloxía e Antropoloxía da Universidade de Pensilvania. 2613 a.C.: Exipto: Fin da Terceira Dinastía de Exipto coa morte de Huni, inicio da Cuarta Dinastía baixo Snefru 2630-2500 a.C.: comeza a IV Dinastía. Reinado do faraón Snefru. O seu visir é Nefermaat. Campaña de Snefru en Nubia. Leva a Exipto un considerable botín de 7.000 presos, que son empregados como escravos. Snefru envía unha expedición a Libia traendo un botín de 11.000 presos e 13.100 cabezas de gando. O rei de Exipto Snefru envía 40 barcos a Biblos para traer madeira de cedro do Líbano para construír máis barcos. Expedición de Snefru ao Sinaí. Os escravos do rei Snefru (e despois do seu fillo Queops) explotan as minas de cobre e os depósitos de turquesa do Sinaí. Pintura en fresco de Ocas de Meidum . Gran desenvolvemento de xoias en Exipto. c. 2601 a.C. - c. 2515 a.C.: constrúese o complexo das pirámides de Gizeh Micerinos, Quefrén e Queops da Cuarta Dinastía de Exipto
Perú
2627 a.C. - século XX a.C.: Construción da metrópole Caral no Perú, cidade nai da civilización máis antiga de América (a Civilización Caral-Supe), que aproximadamente no ano 2900 aC desenvolveuse como aldea, e durante case 300 anos creceu e evolucionou ata unha cidade que logrou un alto grao de organización.
China 2697 a.C.: o emperador amarelo sobe ao trono.
Mesopotamia 2700 a.C.: aparece Elam. 2650 a.C.: aparece Ur.
Personaxes relevantes Imhotep: sabio, médico, astrónomo e o primeiro arquitecto coñecido da historia. Erixiu a Pirámide de Zoser. Zoser: Primeiro faraón da terceira dinastía de Exipto. Gilgamesh, lendario rei que deu lugar á Epopea de Gilgamesh, posiblemente reina en Uruk, no actual Iraq.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Século -XXVII