O Nantes Atlantique Rink Hockey, ou NARH é un dos dous equipos de hóckey a patíns da localidade de Nantes (Países do Loira) xunto con Association Sportive de Toutes Aides) e un dos catro clubs da área da cidade xunto coa Amicale Laïque des Couëts de Bouguenais e a Amicale Laïque de Saint Sébastien.
Historia O club foi fundado en 1991 trala fusión de dous clubs da cidade para tentar ter un equipo na elite do hóckey francés. O seu equipo sénior foi evolucionando nestes 20 anos ata chegar á Nationale 1, liga que gañou na tempada 1994-95. Ao longo da súa historia participou en varias ocasións en competicións europeas, aínda que non conseguiu gañar ningún título continental. O seu mellor resultado na Copa de Francia da tempada 2008-09 cando chegou á semifinal, onde perdeu fronte ao HC Quévert por 4 a 1.
Palmarés 1 Nationale 1: 1994-95
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial do Nantes Atlantique Rink Hockey
Categoría:Equipos de hóckey a patíns de Francia Categoría:Nantes, Francia