Euxenio Charlón Arias, nado en Santa Icía de Trasancos (Ferrol) o 14 de novembro de 1887 e finado en Ferrol o 4 de agosto de 1930, foi un dramaturgo e actor galego.

Traxectoria miniatura|Mal de moitos, Ferrol, 1915. Con catorce anos ingresou na Escola de Artes e Oficios de Ferrol, e entre os anos 1901 e 1906 compaxinou os estudos de Aritmética, Xeometría e Debuxo co traballo de ebanista. Formouse co seu amigo e tamén carpinteiro Manuel Sánchez Hermida na Escola Dramática Galega fundada por Eduardo Sánchez Miño en 1908.

Participou na fundación da Irmandade da Fala de Ferrol e na do Real Coro Toxos e Froles, e foi un dos primeiros impulsores do teatro en galego. Ricardo Carballo Calero definiu a Charlón e a Sanchez Miño:

Xuntos compuxeron Mal de moitos, Trato a cegas, Axúdate e O que non sabe mañas (O Menciñeiro).O que non sabe mañas e O Menciñeiro son dous títulos da mesma obra. Levou o nome de O que non sabe mañas na primeira representación e O Menciñeiro a partir da segunda. Ademais, Charlón escribiu en solitario a comedia Carmela e o sainete Tumbos de feira, así como letras para cancións das corais.

Vida persoal

Casou en 1911 con Teresa Viñas Varela, con quen tivo nove fillos.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Manuel Sánchez Hermida I Asemblea Nacionalista Literatura galega do período intersecular

Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1930 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega