Liñares é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Sitúase na ladeira dun monte de forte pendente. Linda ao sur con San Salvador. Existe un castro pero está nun estado de moi mala conservación, afectado por novas construcións e traballos agrícolas.

Demografía Tiña 20 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 11 eran homes e 9 eran mulleres. No 2009 eran 31 habitantes: 15 homes e 16 mulleres.

Paisaxe A tipoloxía é a dun núcleo concentrado tradicional. A maioría das edificacións son casas rurais tradicionais de pedra de pequenas dimensións, bastante deterioradas e con numerosos anexos. Nos últimos tempos construíronse varias casas de tipo chalé

Hai 7 hórreos catalogados nesta lugar.

Lugar de grande altitude no que existen pequenas hortas, froiteiras, milleiras, pastos e xa máis afastado das vivendas, toxeiras, piñeiros, eucaliptos, carballos e castaños.

Servizos urbanísticos ServizoTipoAbastecemento augaTraídaSaneamentoPozo negroElectricidadeSiIluminación públicoSiTelefoníaSiRecollida lixoSiTransporteEscolar

Notas

Lugares e parroquias Lugares da Baña

{| id="toc" style="margin: 0 2em 0 2em;" ! style="background:#ccccff" align="center" width="100%" |Lugares da antiga parroquia da San Salvador da Baña no concello da Baña (A Coruña)|| |- |align=center| Liñares | San Salvador | Vesía | Vilarnovo Parroquias da Baña

Categoría:Lugares da Baña