O Le Mans Sarthe Basket é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Le Mans, no País do Loira. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket (LNB), a máxima categoría do baloncesto galo. No ano 1978 o club gañou o seu primeiro campionato de liga, gañando o título até en catro ocasións máis, a última en 2018.
Historia En 1928, un industrial francés, Léopold Gouloumés chegou á cidade de Le Mans e fundou a Société des Comptoirs Modernes. Do mesmo xeito que moitas outras industrias do momento, Bernard Gasnal e el, fundaron o seu propio club deportivo en 1938, ao cal chamaron Goulou Club. Porén, en setembro de 1939 estalou a segunda guerra mundial e necesitábanse aos homes para loitar. Coa ausencia dos homes, as mulleres convenceron ao club para a creación dun equipo de baloncesto feminino.
En 1941 o goberno francés prohibiu aos clubs deportivos utilizar o nome dunha industria, polo que o club Goulou cambiou o seu nome polo de Modern Sporting Club. En 1952, as mozas do Le Mans gañaron o campionato nacional. A raíz diso Bernard Gasnal decidiu fundar tamén un equipo masculino. Pouco máis dunha década despois, en 1963, o novo club consegue chegar á máxima categoría. Os anos a partir da temporada 1969−70 foron moi exitosos, gañaron a Copa de Francia en 1964 e a Liga en 1978, 1979 e 1982. Despois da euforia dos partidos europeos, o rumbo do club mudou coa chegada de grandes potencias ao baloncesto francés como o CSP Limoges e o Pau-Orthez. En 1993 o club muda o nome de SCM Le Mans a Le Mans Sarthe Basket. Coa chegada do novo milenio o club converteuse nun dos habituais contendentes polo título, gañando a Copa en 2004, 2009, 2016 e a Liga en 2006 e 2018.
Ano a ano AnoNivelLigaCopaLeaders CupCompetición europeas2005–061 Pro A1º22–12 Cuartos de finalCampións 2 ULEB Cup 2006–071 Pro A6º22–15 Rolda de 16Subcampión 1 Euroliga 2007–081 Pro A3º26–9 Rolda de 16 Cuartos de final 1 Euroliga 2008–091 Pro A3º23–12CampiónsCampións 1 Euroliga 2009–101 Pro A2º26–10 Rolda de 16 Cuartos de final 2 Eurocup 2010–111 Pro A8º14–18 Rolda de 16 2 Eurocup 2011–121 Pro A2º23–14 Cuartos de final Semifinais 2 Eurocup 2012–131 Pro A6º17–16 Rolda de 32 Semifinais 2 Eurocup 2013–141 Pro A5th19–13 Cuartos de finalCampión 2 Eurocup 2014–151 Pro A3º21–19 Rolda de 16Subcampión 3 EuroChallenge 2015–161 Pro A3º25–15 Campións Cuartos de final 2 Eurocup 2016–171 Pro A12º14–20 Subcampión 3 Champions League 2017–181 Pro A1º29–18 Rolda de 32Subcampión 2018–191 Pro A8º20–14Subcampión 3 Champions League 2019–201 Pro A9º11–14 Oitavos de final 2020–211 Pro A7º19–15 Cuartos de final 2021–221 Pro A9º17–17 Oitavos de final 3 Champions League
Xogadores Destacados
Nicolas Batum Yannick Bokolo Alain Koffi João Paulo Batista Sandro Nicević David Bluthenthal Raviv Limonad Hüseyin Beşok Sam Clancy Kenny Gregory Eric Campbell Hollis Price Shawnta Rogers Bobby Dixon Keith Jennings rian Chase Dewarick Spencer Dennis Hopson
Títulos Liga de Francia Campións (5): 1978, 1979, 1982, 2006, 2018 Subcampións (2): 2010, 2012 Copa de Francia Campións (4): 1964, 2004, 2009, 2016 Subcampións (1): 2017, 2019 Leaders Cup Campións (3): 2006, 2009, 2014 Subcampións (3): 2004, 2007, 2015
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de baloncesto de Francia