María Isabel Soto López, nada en Vigo o 18 de xullo de 1969, é unha crítica literaria e tradutora galega.
Traxectoria Licenciouse en Filoloxía Hispánica en 1992 pola Universidade de Santiago de Compostela. Graduouse coa memoria de licenciatura Heraclio Pérez Plácer. Obra e narrativa completa en galego. Edición e análise literaria, publicada anos máis tarde (1998) polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Así mesmo, comezou a súa tese de doutoramento baixo a dirección de Anxo Tarrío sobre a "Formación e análise da crítica literaria galega".
É unha das principais coñecedoras das figuras de Heraclio Pérez PlacerFicha de Obra Narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer , no CRPIH. e de Agustín Fernández Paz, autor este último sobre o que publicou diversos estudos analíticos, como "Agustín Fernádez Paz: procesos de reescrita"Agustín Fernández Paz: procesos de reescrita., "Encontro con Agustín Fernández Paz"Capítulo publicado como parte do libro A mémoria nos livros: história e histórias (Porto, Deriva editores, 2009, pp. 113-121) ., "@afernandezpaz"Publicado en Agustín Fernández Paz. Na casa da esperanza (Fundación Otero Pedrayo, 2014)., "Agustín Fernández Paz: un escritor excepcional"Publicado na revista Lazarillo, nº 36, 2016, pp. 90-97 . ou "A representación da escola e da educación na obra literaria de Agustín Fernández Paz"Publicado en Sarmiento. Anuario galego da historia da educación, nº 20., amais de varias publicacións en formato libro que recompilan a súa obra ensaística, como O rastro que deixamos (Xerais, 2012) e Un mundo de palabras (Xerais, 2017).
Foi secretaria de redacción<ref>[http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/golfino-invasores-agardado-regreso-dun-clasico-da-bd-galega/idEdicion-2011-06-16/idNoticia-679300/ Golfiño e os invasores, o agardado regreso dun clásico da BD galega] , artigo de Fran P. Lorenzo para El Correo Gallego o 16 de xuño de 2011.</ref>Ficha da revista en Tebeosfera . da revista Golfiño nas súas dúas épocas (Con Xerais entre 1999 e 2001; con La Voz de Galicia entre 2002 e 2004). Tamén foi secretaria do Boletín Galego de Literatura (1998-2014), primeiro canda Xabier Campos Villar e máis tarde, dende 2006, xunto a Marta Neira RodríguezCV de Marta Neira , p. 14.. Tamén secretaria de Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil no período 1995-2005. Foi axudante da comisaria Henrike Fesefeldt na organización do congreso do IBBY en Santiago de Compostela en 2010Actas do Congreso IBBY , p. 5.
No tocante á faceta de crítica de Soto, foi colaboradora da páxina de cultura LG3 (2003-2012), do programa da Televisión de Galicia Libro aberto (2006-2009)Ficha do persoeiro en IMDb . e de revistas e xornais como ProTexta, El Correo Gallego, Malasartes, Lazarillo ou CLIJ. De igual maneira, encargouse das panorámicas anuais de literatura infantil e xuvenil para o Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos.
Tradución literaria Traballa como tradutora profesional dende 1996. Nunha primeira etapa, principalmente co libro de texto; a partir da década de 2000, sobre todo vertendo literatura estranxeira cara ao galego e ao castelánFicha da autora en Dialnet . dende as linguas francesa, portuguesa ou italianaObras de Soto López, Isabel na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes ..
No ámbito galego, publicou con Edebé-Rodeira, Kalandraka, Edicións Xerais de Galicia, Editorial Hugin e Munin, El Patito Editorial, Hércules de Edicións, Edelvives-Tambre. No ámbito estatal, con selos como Destino, Alianza Editorial, Bruño, Vicens Vives, Ediciones SM, Akal, Anaya, Ediciones B, Edelvives e Planeta & Oxford.
Cabe sinalar que realizou un importante número de traballos en tándem co tradutor Xavier Senín, entre eles diversos números de AstérixAstérix volverá falar galego da man de Xerais, nova en Praza Pública o 23 de agosto de 2013., tanto na versión galega coma na castelá, ou obras de relevo de autores como Raymond Roussel, Daniel Pennac, François Bégaudeau, Villiers de L'Isle-Adam, Juan Farias ou Rosa Navarro Durán.
Obra EnsaioDo libro impreso á Internet, 2005, Xunta de Galicia. María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, 2018, Edicións Xerais, con Xavier Senín.
Traducións miniatura|Os tradutores Isabel Soto e Xavier Senín, xunto co editor Alejandro Tobar, durante a presentación da tradución de Locus Solus en Cambados (2012).O outro río: a emigración galega a Río de Xaneiro, de Érica Sarmiento da Silva, 2006, 3C3 Editores.Coida o teu planeta, de Jean-Michel Billioud, 2007, S. M. Xerme (Vigo).Cordelúa, de Elia Barceló, 2007, Rodeira.Os corvos do xardín, de Aldous Huxley, 2007, S. M. Xerme.As desgrazas de Sophie, de Valérie Dayre, 2007, S. M. Xerme.A sopeira e o cazo, de Michael Ende, 2007, S. M. Xerme.Agardarei por ti en África, de Blanca Álvarez, 2008, Planeta-Oxford.Home, Sweet Home, de Dudi, 2008, El Patito (Biblioteca Clásicos da Historieta Galega nº 2).De profundis, de Miguelanxo Prado, 2008, El Patito.Fuxida cara ao sur, de Juan Madrid, 2008, Rodeira.Flanagan Flash-Back, de Andreu Martín e Jaume Ribera, 2009, Xerais.Geronimo Stilton. O meu nome é Geronimo Stilton, 2009, Destino (Barcelona).Geronimo Stilton. O misterioso manuscrito de Nostrarratus, 2009, Destino.Geronimo Stilton. Na procura da marabilla perdida, 2009, Destino.Geronimo Stilton. A carreira máis desatinada do mundo, 2010, Destino.Geronimo Stilton. O galeón dos gatos piratas, 2010, Destino.Geronimo Stilton. Unha aloucada viaxe a Ratiquistán, 2010, Destino.Isto é París, de Miroslav Sasek, 2010, El Patito.Lóbrego romance, pálido pantasma: as lendas espectraies de Malvadia, de Jack Mircala, 2010, El Patito.Geronimo Stilton. O misterio do tesouro desaparecido. 2011, Destino.Geronimo Stilton. O sorriso da Mona Ratisa. 2011, Destino.Geronimo Stilton. Vaite de aí, cara de queixo!. 2011, Destino.Os catro grandes, de Alain Paillou, 2011, El Patito Editorial.Elias Portolu, de Grazia Deledda, 2012, Hugin e Munin.Engurras, de Paco Roca, 2012, El Patito Editorial.Ninfas e Caveiras e outras elucubracións de Ramón Gómez de la Serna, de Ramón Gómez de la Serna (ilustr. e selección, David Vela), 2013, El Patito Editorial.Morte no Nilo, de Agatha Christie, 2021, El Patito Editorial.Gretchen, miña nena, Christine Nöstlinger, 2012, Oxford University Press.Contos do día e da noite, Guy de Maupassant, 2013, BIVIR.María e mais eu, de Miguel Gallardo, 2013, El Patito EditorialFicha catalográfica da obra, Proxecto Meiga..Un matrimonio provinciano, de Marquesa Colombi, 2014, Hugin e Munin.Isto non é un conto, de Denis Diderot, 2015, BIVIRIsto non é un conto en formato PDF...Fosca, de Igino Ugo Tarchetti, 2016, Hugin e Munin.Últimas cartas de Jacopo Ortis, de Ugo Foscolo, 2016, Hugin e Munin.A contrafío, de Joris-Karl Huysmans, 2016, Hugin e Munin.Thérèse Raquin, de Émile Zola, 2017, Hugin e Munin.A obra, de Bruno Sperani, 2017, Hugin e Munin.Filibuth ou o reloxo de ouro, de Max Jacob, 2018, Hugin e Munin.Pinturas de guerra, de Ángel de la Calle, 2019, Retranca editoraFicha na AELG..A morte da Terra, de J.-H. Rosny aîné, 2019, Hugin e Munin.A virtude de Checchina, de Matilde Serao, 2019, Hugin e Munin.As confesións dunha filla do século, de Donna Paola, 2019, Hugin e Munin.Era dúas veces o barón Lamberto, de Gianni Rodari, 2020, Kalandraka.Ficha na web da editorial.A escritora, de Madame de Genlis, 2020, Hugin e Munin.Sete chaves para abrir os soños, de Alfredo Gómez Cerdá (ilustr. David Pintor), 2020, Kalandraka.Dúas moedas, de Nuria Tamarit, 2020, Retranca editora.Gesolmino no país dos mentiráns, de Gianni Rodari, 2020, Kalandraka.Gallaecia, un pouco ao norte, de João Pedro Messeder, 2020, Poética Ediçoes.Filipo e Leo. Un pícnic tranquilo, de Adolfo Serra e Ester García, 2020, Edelvives-Tambre.Filipo e Leo. Unha tarde de chuvia, de Adolfo Serra e Ester García, 2020, Edelvives-Tambre.Plot Point, de Fernando Llor e Esteban Hernández, 2021, Retranca editora“Plot Point” el cómic de comedia e intriga donde una guionista crea el atraco perfecto , Elespanol.com, 22 de marzo de 2021 ..Subnormal, de Fernando Llor e Miguel Porto, 2021, Retranda editora. Axente X.99, de Gianni Rodari, 2021, Kalandraka.Máis alá e máis arriba, de José Antonio Vázquez Taín, 2021, Teófilo Edicións.A lectora de mentes, de César Mallorquí, 2021, Edebé-Rodeira.Astro-rato e Lampadiña 4. O planeta Peperete, de Fermín Solís, 2021, El Patito.Gobseck, de Honoré de Balzac, 2021, Hugin e Munin.Gatlock. A desaparición dos ratos, de Sébastien Perez (ilustr. Benjamin Lacombe), 2021, Edelvives-Tambre.Gatlock. As croquetas envelenadas, de Sébastien Perez (ilustr. Benjamin Lacombe), 2021, Edelvives-Tambre.A historia do bondadoso vello e da fermosa moza, de Italo Svevo, 2021, Hugin e Munin.O regreso do meu pobre tío, de Jacques-Antoine Dulaure, 2021, Hugin e Munin.Astro-rato e Lampadiña 5. Retorno a unha terra descoñecida, de Fermín Solís, 2021, El Patito.Gatlock. O roubo do colar da raíña, de Sébastien Perez (ilustr. Benjamin Lacombe), 2022, Edelvives-Tambre.A educación sentimental, de Gustave Flaubert, 2022, Hugin e Munin.Mulleres imprescindibles. Educadoras na vangarda do século XX, VV. AA., 2022, Kalandraka.A única, Maria Casarès, de Anne Plantagenet, 2022, Kalandraka. Rei, de Mónica Rodríguez, 2022, Rodeira. O equipo das rapazas, Pasqual Alapont, 2023, Tambre. Sé tartaruga, Agustín Sánchez Aguilar (ilustr. Anna Baquero), 2023, Edebé-Rodeira. Os cotrosos atacan de novo, de Patricia García-Rojo (ilustr. Alejandro Villén), 2023, SM Xerme. Un roubo moi esvaradío, de Patricia García-Rojo (ilstr. Alejandro Villén), 2023, SM Xerme. Os forasteiros do tempo. A aventura dos Balbuena e o último cabaleiro, de Roberto Santiago, 2023, SM Xerme. Comezar polo neno, de Mario Lodi, 2023, Kalandraka. Luceiro da mañá, de Ada Negri, 2023, Hugin e Munin. No camiño, de Paco Hernández e José Ángel Ares (ilustr.), 2023, Editorial Galaxia. El, de Louise Colet, 2023, Hugin e Munin. Os libros e a beleza. Somos animais poéticos, de Michèle Petit, 2024, Kalandraka. O faro da muller ausente, David Fernández Sifres, 2024, Tambre. Filipo e Leo. O enfado, de Adolfo Serra e Ester García, 2024, Tambre. Filipo e Leo. Unha estraña visita, de Adolfo Serra e Ester García, 2024, Tambre. Astro-rato 6. Novas do espazo, de Fermín Solís, 2023, El Patito.Astérix en Lusitania de René Goscinny, Fabcaro (2025). Xerais.