A Escravitude é un lugar da parroquia de Cruces, do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 89 habitantes (47 homes e 42 mulleres), o que supón unha diminución respecto a 2006, cando tiña 101 habitantes. Toponimia

esquerda|miniatura|Fachada do santuario da Escravitude.

O topónimo A Escravitude débese á presenza no lugar do santuario da Nosa Señora da Escravitude, do século XVIII.

Comunicacións

Polo lugar pasa a vía portuguesa do Camiño Xacobeo, ao longo da estrada N-550. Ao seu carón discorre a liña de ferrocarril que une A Coruña e Vigo, e ata 2015 tivo servizo a estación da Escravitude. A Escravitude na cultura popular galega Alá vai Esclavitú:/ Déixame ir, que meto un grito;/ quero as orellas do burro/ pra faguer un abanico Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 35. No orixinal: Deixame. A Escravitude, lugar da parroquia de Cruces, do concello de Padrón.. O crego de Escravitude/ leva a criada na burra,/ na primeira carballeira/ dalle unha sacudidura Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 195. No texto: Esclavitude..

Lugares e parroquias Lugares de Cruces

Parroquias de Padrón

Notas

Véxase tamén Bibliografía BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.

Ligazóns externas Turgalicia

Categoría:Lugares de Padrón Categoría:Localidades do Camiño Portugués