A Minor Forest foi unha banda de math rock estadounidense dos anos 90 procedente de San Francisco. Musicalmente estaban relacionados con grupos da escena post-rock de Louisville como Slint, e tiñan conexións persoais coa escena de San Diego, sobre todo coa banda Three Mile Pilot. As súas cancións tiñan influencias do pop, do rock progresivo e do punk rock e caracterizábanse polos seus cambios de tempo, cambios repentinos na súa dinámica, silencios, berros inintelixibles, partes pegadizas, repetitivas pasaxes melódicas e títulos absurdos a xeito de broma. O seu slogan foi "A Minor Forest apoia a destrución da humanidade".
Discografía Álbum Ano Selo Flemish Altruism (Constituent Parts 1993-1996) 1996 Thrill Jockey Inindependence 1998 Thrill Jockey ...So, Were They in Some Sort of Fight? 1999 My Pal God
Véxase tamén Ligazóns externas A Minor Forest en MySpace
Categoría:Grupos musicais de math rock Categoría:Grupos musicais de San Francisco