O osmio é un elemento químico de número atómico 76 que se atopa no grupo 8 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Os.

Trátase dun metal de transición branco agrisado, fráxil e duro. Clasifícase dentro do grupo do platino, e emprégase nalgúns aliaxes con platino e iridio. Atópase aliado en minas de platino e o seu tetraóxido, OsO4.

Emprégase tamén en síntese orgánica (como oxidante) e no proceso de coloración de tecidos (para a súa fixación), para a súa observación mediante microscopia electrónica, e noutras técnicas biomédicas. As aliaxes de osmio empréganse en contactos eléctricos, puntas de bolígrafos e outras aplicacións nas que é necesaria unha gran dureza e durabilidade.

Características principais

Características físicas O osmio ten un ton gris azulado e é o elemento estábel máis denso: ten aproximadamente o dobre de densidade que o chumbo e é lixeiramente máis denso que o iridio.

Características químicas O osmio forma compostos con estados de oxidación que varían de −2 a +8, dos que os máis comúns son +2, +3, +4 e +8. O estado de oxidación +8 salienta porque, por non ser do +9 do iridio, é o estado de oxidación máis alto que alcanza calquera outro elemento, alcanzado só polo xenon, rutenio, hassio e iridio.

O composto máis común que presenta o estado de oxidación +8 é o tetróxido de osmio. Este composto tóxico fórmase cando o osmio en po exponse ao ar. É un sólido cristalino moi volátil, solúbel na auga, de cor amarela pálida e cun forte cheiro.

Aplicacións Só dous compostos de osmio teñen aplicacións importantes: tetróxido de osmio para a coloración de tecidos en microscopia electrónica e para a oxidación de alquenos na síntese orgánica e os osmatos non volátiles para reaccións de oxidación orgánica.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Osmio