Os Sharks son un equipo profesional de rugby fundado en 1997, que compite no Super Rugby representando á rexión de Natal, que ten a súa sede na cidade surafricana de Durban, e que xoga os seus partidos como local no estadio Kings Park. O equipo dos Sharks que xoga na primeira metade do ano no Super Rugby está construído sobre a base dos Natal Sharks que xogan na Currie Cup surafricana na segunda metade do ano, e ámbolos dous equipos están gobernados pola KwaZulu-Natal Rugby Union.
Xogadores Esta será a escuadra dos Sharks para a tempada 2016: 1ª Liña Coenie Oosthuizen Tendai Mtawarira Dale Chadwick Thomas du Toit Matt Stevens
Talonadores Kyle Cooper Monde Hadebe Franco Marais
2ª Liña Stefan Lewies Giant Mtyanda Etienne Oosthuizen Marco Wentzel David McDuling 3ª Liña Renaldo Bothma Marcell Coetzee Jean Deysel Dan du Preez Khaya Majola Ryan Kankowski Tera Mtembu Jacques Potgieter Philip van der Walt
Medios Melé Michael Claassens Cobus Reinach Stefan Ungerer
Aperturas Patrick Lambie Lionel Cronjé Centros André Esterhuizen Waylon Murray Heimar Williams
Ás Odwa Ndungane JP Pietersen Paul Perez Wandile Mjekevu S'bura Sithole Lwazi Mvovo
Zagueiros SP Marais Willie le Roux Joe Pietersen
En letra grosa os xogadores internacionais en categoría absoluta.
Estadio Os Sharks xogan os seus encontros como locais no Kings Park Stadium de Durban que comparte cos Natal Sharks da Currie Cup. Este recinto foi inaugurado en 1891, renovado varias veces, e actualmente conta cunha capacidade para acoller 55.000 seareiros. Os Sharks estudan a posibilidade de facer do Moses Mabhida Stadium o seu novo fogar.
Traxectoria
TempadaXogadosGañadosEmpatesPerdidosPUNTOSTemp.RegularPlayOffs2016 2015167093411º2014161105503º(caeu nas semifinais fronte ós Crusaders)201316808488º2012161006596º(caeu na final fronte ós Chiefs)2011161015576º(caeu nos cuartos de final fronte ós Crusaders)201013706379º200913805386º200813913423º(caeu nas semifinais fronte ós Waratahs)2007131003451º(caeu na final fronte ós Bulls)200613706385º2005111191112º200411506287º2003113081711º2002114071910º200111803382º(caeu na final fronte ós Brumbies)200011119912º199911515257º199811704363º(caeu nas semifinais fronte ós Crusaders)199711524304º(caeu nas semifinais fronte ós Blues)199611605333º(caeu na final fronte ós Blues)
Véxase tamén Outros artigos Super Rugby Natal Sharks
Ligazóns externas Páxina Oficial
Categoría:Equipos de rugby de Suráfrica