O morcego das ribeiras (Myotis daubentonii) é unha especie de morcego de tamaño mediano a pequeno con orellas curtas. Habita a área comprendida entre Gran Bretaña e o Xapón e o seu número está a crecer moi rapidamente en varias zonas.

O seu nome científico fai referencia ao naturalista francés Louis Jean-Marie Daubenton.

Descrición miniatura|esquerda|300px|Gustav Mützel, para A. E. Brehm. 1927. O morcego das ribeiras é unha especie de tamaño mediano a pequeno. O seu pelame é dun gris amarronado no lombo e gris prateado no ventre. Os máis novos teñen o pelame máis escuro cós adultos. Os morcegos teñen a cara dun ton rosáceo, aínda que a área ao redor dos seus ollos é pelada. Cando se axita, as súas orellas forman ángulos rectos. As membranas da cola e as ás presentan unha tonalidade marrón escura.

Este animal mide entre 45 a 55 milímetros de longo, cunha lonxitude coas súas ás abertas que promedia 240 a 275 mm. Pesa entre sete e quince gramos.

Tempo de vida Os morcegos das ribeiras poden vivir máis de vinte e dous anos.

Hábitat O morcego das ribeiras pode atoparse ao longo de Gran Bretaña, Europa e en países como o Xapón e Corea. Habita os bosques e aniña en lugares próximos a fontes de auga, como ríos ou canles.

As colonias de verán están formadas en covas subterráneas, túneles, sotos, minas e pontes baixas. Estas colonias sempre están preto da auga. Este morcego tamén hiberna nos mesmos lugares dende setembro até finais de marzo ou abril.

Caza e alimento miniatura|esquerda|Mapa de distribución en Galicia. O morcego das ribeiras é insectívoro e emprega a ecolocalización para achar ás súas presas e para orientarse durante a noite. Emiten sons demasiado altos para ser captados polos humanos para detectar e interpretar o eco creado para construír unha "imaxe auditiva" dos seus arredores. Este morcego emite a ecolocalización en chamadas cuxa frecuencia se atopa entre 32 e 85 kHz, a pesar de que as típicas chamadas acadan 45 ou 50 kHz e teñen unha duración de 3.3 ms.Parsons, S. e Jones, G. (2000) 'Acoustic identification of twelve species of echolocating bat by discriminant function analysis and artificial neural networks.' J Exp Biol., 203: 2641-2656.Obrist, M.K., Boesch, R. e Flückiger, P.F. (2004) 'Variability in echolocation call design of 26 Swiss bat species: Consequences, limits and options for automated field identification with a synergic pattern recognition approach.' Mammalia., 68 (4): 307-32.

Os morcegos abandonan os seus niños á tardiña e cazan insectos que habitan sobre a auga. A súa dieta principal consiste de pequenas moscas e bolboretas nocturnas. Esta especie adoita comer a súa peza cando aínda está en voo. Un morcego das ribeiras de sete gramos de peso a miúdo regresa ao seu niño con once gramos logo de só unha hora fóra, aumentando de peso nun 57%.

Reprodución O apareamento leva a cabo no outono e as crías nacen durante a primavera seguinte. As femias reúnense nas colonias maternais de corenta a oitenta morcegos durante xuño e xullo. O morcego das ribeiras é capaz de voar tres semanas despois do seu nacemento e adquire a súa independencia ás seis ou oito semanas de nacer.

Conservación miniatura|dereita|Morcego das ribeiras voando Todos os morcegos de Gran Bretaña están protexidos baixo a Acta de Vida Salvaxe e de Campo de 1981. Estes animais tamén están protexidos polas Regulacións para a Conservación de 1994.

O morcego das ribeiras é unha especie en perigo de extinción en Alemaña e Austria. Notas

Véxase tamén

Bibliografía Myotis daubentonii no Inventario Español de Especies Terrestres do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf. Myotis daubentonii en Mammal species of the World.

Ligazóns externas Mapa de poboación do morcego das ribeiras ARKive: Fotografías e videos Información sobre o morcego

Categoría:Myotis Categoría:Mamíferos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1817