miniatura|225px|Percorrido de 1997 (en dirección das agullas do reloxo). miniatura|225px|Vídeo da edición de 1954 (comentarios en neerlandés).
Alvestêdetocht (Volta ás once cidades, en neerlandés Elfstedentocht) é unha carreira por tiradas de patinaxe sobre xeo natural que se celebra irregularmente en Frisia organizado pola Koninklijke Vereniging De Friesche Elf Steden.
Desenvolvemento A volta, de case 200 km, transcorre por canles, ríos e lagos conxelados entre as once cidades históricas de Frisia: Ljouwert, Snits, Drylts, Sleat, Starum, Hylpen, Warkum, Boalsert, Harns, Frjentsjer e Dokkum para volver de novo a Ljouwert. O clima de invernía frisón non permite a súa realización anual, só cando é o suficientemente rigoroso para formar unha tona de xeo cun mínimo de grosor que garanta a seguridade dos participantes, que se fixa nun mínimo 15 centímetros de xeo en todo o percorrido da carreira, aínda que se permite a existencia dos chamados puntos klune, onde o espesor non permite o paso masivo de participantes e teñen que quitar os patíns ata chegaren ao seguinte punto con bo xeo, para alén os 22 xefes de distrito da organización convocante teñen que dar o seu consentimento expreso á realización da proba. Arredor de 16.000 participantes afeccionados e 300 competitivos participan no evento Rodney P. Carlisle Encyclopedia of Play in Today's Society, Vol. 1, p. 419 e teñen que ser membros da asociación convocante. Desde a primeira edición en 1909 celebráronse un total de quince edicións, a última en 1998. Cada vez que se realiza crea expectación en todos os Países Baixos desde que en Frisia se sucenden as temperaturas baixo cero durante algúns días que culminan cando se anuncia a súa celebración coa frase en frisón: "It giet oan" (vai ser). O evento transmítese por televisión e atrae a gran cantidade de turistas.
Historia miniatura|300px|Competidores a primeira edición (1909) Os patíns utilízabase para percorrer distancias longas en Frisia desde antigo, xa que eran poucos os que dipuñan dun cabalo, consérvase un poema de 1760 de Van BoelensHonderd jaar Elfstedentocht que fala do percorrido en patíns entre as once cidades nun día. Na súa forma moderna establecuse en 1890 cando Pim Mulier concibiu a idea de organizar unha volta entre as cidades que non se puxo en práctica ata 1909 por vez primeira, logo desta primeira carreira estableceuse a Vereniging De Friesche Elf Steden (Asociación das Once Cidades Frisoas) para se facer cargo da organización.
A Elfstedentocht de 1963 recórdase pola súa dureza, só o 1% dos participantes remataron a carreira debido ás temperaturas estremadamente baixas, de ata -18 °C e polo vento forte do oeste, o seu gañador, Reinier Paping, converteuse nun heroe nacional e a volta en lenda.
Despois do de 1963 o seguinte con aconteceu ata 1985,e rematou prematuramente, ás 22:00 polo desxelamento.
Gañadores miniatura|Bullemûne, xunto coa canle "Bonke-vaart" é o punto final da carreira O tempo do gañador dáse en horas e minutos.
AnoGañadorTempoDistanciaVelocidade media1909 [Rev] Minne Hoekstra13:50189 km13.7 km/h1912Coen de Koning11:40189 km16.2 km/h1917Coen de Koning9:53189 km19.1 km/h1929Karst Leemburg11:09191 km17.1 km/h1933Abe de Vries e Sipke Castelein9:53195 km19.7 km/h1940Piet Keijzer Auke Adema Cor Jongert Durk van der Duim e Sjouke Westra11:30198.5 km17.3 km/h1941Auke Adema9:19 198.5 km21.3 km/h1942Sietze de Groot8:44 198 km22.7 km/h1947Jan van der Hoorn10:51191 km17.6 km/h1954Jeen van den Berg7:35198.5 km26.2 km/h1956Non se declarou gañador (**)—190.5 km —1963Reinier Paping10:59196.5 km17.9 km/h1985Evert van Benthem6:47196.8 km29.0 km/h1986Evert van Benthem6:55199.3 km28.8 km/h1997Henk Angenent6:49199.6 km29.3 km/h
Non se permitiu participar ás mulleres na sección competitiva ata a edición de 1985, só podían participar como afeccionadas
1985 - Lenie van der Hoorn 1986 - Tineke Dijkshoorn 1997 - Klasina Seinstra
(**) Despois que en 1933 e 1940 os que ían en cabeza decidiran non competir senón darse a man e cruzar xuntos, a organización decidiu prohibir esta práctica. Malia todo Jan van der Hoorn, Aad de Koning, Jeen Nauta, Maus Wijnhout e Anton Verhoeven ignorándoa cruzaron ao unísono a meta. Non foron descalificados pero a organización non declarou gañador.
Tiradas As distancias entre as cidades poden variar dependendo da ruta exacta, danse as da edición de 1997.
0 km: Ljouwert 22 km: Snits 26 km: Drylts 40 km: Sleat 66 km: Starum 77 km: Hylpen 86 km: Warkum 99 km: Boalsert 116 km: Harns 129 km: Frjentsjer 174 km: Dokkum 199 km: Ljouwert
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial da Koninklijke Vereniging De Friesche Elf Steden ,
Categoría:Eventos deportivos Categoría:Frisia