Dave Matthews Band (tamén coñecida como DMB) é unha banda estadounidense formada en Charlottesville, Virginia en 1991. Os seus membros fundadores foron o vocalista e guitarrista Dave Matthews, o baixista Stefan Lessard, o batería e corista Carter Beauford e o saxofonista LeRoi Moore. Moore morreu en agosto do 2008 polas feridas sufridas nun accidente de quad, e foi substituído por Jeff Coffin, de Béla Fleck and the Flecktones. Boyd Tinsley incorporouse á banda como violinista pouco despois da súa creación. Rashawn Ross e Tim Reynolds tamén forman parte da banda como membros de xira. Con músicos con raíces en distintos xéneros como jazz, música clásica, soul, rock, bluegrass e hip hop, a banda creou un son ecléctico que leva gañados unha gran variedade de seguidores. No ano 2010 Dave Matthews Band levaba vendidos ao redor dos 40 millóns de discos en todo o mundo.
A banda é coñecida polas súas xira anuais que fai en verán polos Estados Unidos e Europa, onde realizan longas improvisacións sobre os seus temas, acompañados dun elaborado espectáculo de vídeo e luces. Esta parte do espectáculo converteuse nun selo da banda dende que o director de vídeo Fenton Williams comezara a traballar con Dave Matthews Band aprincipios dos anos 90. Despois de vinte anos consecutivos de xiras a banda anunciou que descansaría no verán de 2011. O seu álbum máis recente, Big Whiskey and the GrooGrux King, estreouse no número 1 da lista Billboard 200, sendo o seu quinto número 1 consecutivo, sendo a segunda banda en conseguilo despois de Metallica.
Discografía Under the Table and Dreaming (1994) Crash (1996) Before These Crowded Streets (1998) Everyday (2001) Busted Stuff (2002) Stand Up (2005) Big Whiskey and the GrooGrux King (2009) Away from the World (2012) Come Tomorrow (2018) Walk Around the Moon (2023)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da banda
Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais de Virxinia Categoría:Grupos musicais formados en 1990