Cristina Brea Lodeiro, nada en Vigo en 1973, é unha artista plástica galega, especializada na fotografía e o gravado.
Traxectoria Licenciouse en Belas Artes na facultade de Belas Artes de Pontevedra, e realizou un máster organizado polo Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos. Actualmente é profesora de debuxo no IES Alexandre Bóveda de Vigo.
Colaborou con fotografías no deseño de dous discos de Son de seu, un de Mercedes Peón e o da Señora Carmen.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados en 1973 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo