Tangaroa Tangaroa, nado o 6 de maio de 1921 en Penrhyn e finado o 23 de maio de 2009 en Auckland"Funeral planned for Cooks leader Sir Tangaroa", Radio New Zealand International, May 30, 2009), foi un político das Illas Cook.
Traxectoria
Traballou como operador de radio para a administración neozelandesa (1939-1954) e despois para unha compañía navieira (1955-1963). En 1958 resultou elixido na primeira Asemblea Lexislativa do país pola circunscrición de como Penrhyn, permanecendo como deputado ata 1983, de 1969 a 1970 foi o líder do partido United Cook Islanders e ao ano seguinte integrouse no Partido Demócrata fundado por Tom Davis, a finais da década formou parte de varios gabinetes.
En 1985 foi o primeiro nativo en ser designado Representante da Raíña, permanecendo no posto ata 1990,.
En 2003 a raíña Isabel II nomeouno cabaleiro da Orde do Imperio Británico no Palacio de Buckingham"."Ariki speech highlights special links" , Cook Islands government website, December 1, 2003.
Notas
Categoría:Representantes reais nas Illas Cook Categoría:Ministros das Illas Cook Categoría:Nados nas Illas Cook Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2009