Francisco Xabier Vázquez Fernández, máis coñecido como Francisco Vázquez Chantada ou Paco Cabezas, nado en Chantada o 29 de abril de 1956, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria Traballou en centros de ensino da Coruña, Boiro, Louro e Muros, vila na que reside na actualidade.
No terreo literario é membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega desde os primeiros anos da súa fundación. Ten colaborado en Nós Diario
Como poeta ten inéditos A forza das cousas (1996), A historia que sabemos é vivir (2000), De a diario e de leóns (2006).
Obras
Poesía
Tríade (2026). Noia: Toxosoutos. 97 páxs. ISBN 9791399159202. Escolma dos tres poemarios inéditos.
Narrativa A Chazca (1982). Sada: Ediciós do Castro. 95 páxs. ISBN 8474921449.
Literatura infanto-xuvenil Crónica de Ofiusa (2003). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 978-8478244331.
Notas
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1956