Uxío Carré Naya, nado na Coruña en 1915 e finado en Elviña o 28 de agosto de 1936, foi un político e sindicalista galego.
Traxectoria Fillo de Uxío Carré Alvarellos (e neto de Uxío Carré Aldao), participou na vida política da Coruña dende os dezaoito anos, ao tempo que remataba os seus estudos de mestre. Exerceu como profesor de dereito mercantil. En 1935 creou a Unión de Estudiantes Antifascistas para facer fronte ás actividades falanxistas na Escola de Comercio. Despois foi asesor da UGT da Coruña en diversos conflitos e chegou a asumir a secretaría da FETE-UGT da Coruña. En 1935 ingresou no Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM) e nos últimos días da República acompañou a Joaquín Maurín na súa xira por Galicia. Foi asasinado en Elviña o 28 de agosto de 1936.
Véxase tamén Bibliografía
(2002). A Coruña, 1936: memoria convulsa de una represión, p. 52. Ediciós do Castro.
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Profesores de Galicia