Sospeitosos habituais (en ) é un filme estadounidense de 1995 escrito por Christopher McQuarrie (quen gañou un Oscar ó mellor guión orixinal por este traballo) e dirixido por Bryan Singer. Está protagonizado por Kevin Spacey (Oscar ó mellor actor secundario), Gabriel Byrne, Stephen Baldwin, Benicio del Toro e Kevin Pollak.
Cun orzamento duns 4 millóns de dólares, non foi moi ben recibido nas salas de cinema durante a súa estrea, formando parte da lista de «As películas máis odiadas por Roger Ebert», pero foi atractivo para moitos seguidores do xénero de crime/drama e é considerada unha película de culto. Dez anos despois da súa estrea seguía no Top 25 de Internet Movie Database «Top 250 Movie List».
Sinopse Roger «Verbal» Kint (Spacey) é un pequeno estafador tolleito que está sendo interrogado pola policía dos Ánxeles, e vaille contando ao seu interrogador, o axente Kujan (Chazz Palminteri), unha historia sobre os acontecementos que desencadearon un tiroteo e un masacre dentro dun barco apostado no porto dos Ánxeles. Usando a narración en retrospectiva, a historia de «Verbal» vai sendo cada vez máis complexa, aclarándolle os feitos ao axente, que está interesado en saber por que el e os seus compañeiros estaban nese barco.
Elenco Kevin Spacey — Roger Verbal Kint Benicio del Toro — Fred Fenster Stephen Baldwin — Michael McManus Gabriel Byrne — Dean Keaton Kevin Pollak — Todd Hockney Chazz Palminteri — Dave Kujan Pete Postlethwaite — Kobayashi Suzy Amis — Edie Finneran Giancarlo Esposito — Jack Baer Dan Hedaya — Jeff Rabin Christine Estabook — dra. Plummer
Galardóns
Data Premio Categoría Receptor(es) ResultadoMarzo de 1996Premios Óscar Mellor actor secundario Kevin Spacey Gañador Mellor guión orixinal Christopher McQuarrie GañadorXuño de 1996Premios Saturn Mellor película de acción / aventuras Gañadora Mellor director Bryan Singer Nomeado Mellor música John Ottman GañadorAbril de 1996Premios BAFTA Mellor película Bryan Singer, Michael McDonnell Nomeado Mellor guión orixinal Christopher McQuarrie Gañador Mellor montaxe John Ottman Gañador Decembro de 1995 Boston Society of Film Critics Mellor actor secundario Kevin Spacey Gañador
Notas
Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Bryan Singer Categoría:Filmes de PolyGram Filmed Entertainment Categoría:Filmes de Gramercy Pictures Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Filmes de 1995 con versión en galego