Blanca-Ana Roig Rechou, nada en Portosín (O Porto do Son) o 28 de xuño de 1949, é unha profesora e crítica literaria galega.
Traxectoria Mestra, graduada social, licenciada e doutora en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. É catedrática de literatura galega na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade compostelá, onde imparte aulas de literatura e literatura infantil galega, textos literarios e literatura de transmisión oral. A súa tese de licenciatura titulouse Análise da narrativa da colección Lar e a de doutoramento A Literatura infantil e xuvenil galega. Perspectiva diacrónica e análise da actualidade.
En 2011 dirixía un proxecto de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades que se materializa todos os anos na publicación dos Informes de Literatura. Forma parte do Equipo Glifo, encargado da realización neste momento do Diccionario de termos literarios do que xa se publicaron os tomos (a-d) e (e-h) e do Diccionario do Rexurdimento do que se están realizando correccións para a imprenta. Dirixe unha Rede temática sobre as literaturas infantís e xuvenís e a formación lectora no marco ibérico. Colaborou con diversos traballos en libros colectivos e en revistas como Dorna, Boletín Galego de Literatura, Quimera, Ínsula, Colóquio-Letras, Chorimas, Fadamorgana, Revista Galega do Ensino, Malasartes, Ocnos etc., nos que tratou temas sobre literatura galega e literatura infanto-xuvenil, realizando diversas edicións de obras de autores galegos do XIX e principios do XX, así como a tradución ao galego de diversas obras de creación de autores infantís e de ensaio.
Obras Ensaio A poesía infantil e xuvenil en Galicia, 2000, Santiago de Compostela. A literatura infantil e xuvenil galega no século XXI: seis chaves para entendela mellor, 2008, Xunta de Galicia.A Literatura Infantil e Xuvenil galega no século XXI. Seis chaves para «entendela mellor» Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Un mar maior e heroico: Cunqueiro no Porto do Son, 2011, Concello do Porto do Son.
Obras colectivas Contra morte e amor, de Marina Mayoral, 1987, Xerais. Cotradutora, con Anxo Tarrío e Xosé Antonio Palacio Sánchez. Xulián Magariños Negreira. Un home da Época Nós, 1988, Ediciós do Castro. Con Xosé Amancio Liñares Girault. Maxina, de Marcial Valladares, 1991, Xerais. Edición con Anxo Tarrío e Margarita Neira. Antón Avilés de Taramancos, 2003, Xunta de Galicia. Con Pilar Sampedro Martínez. Informes de Literatura 2004, 2005, 2006 e 2007, Centro Ramón Piñeiro. A memoria das guerras na literatura infantil e xuvenil en lingua galega: antoloxía, 2004, Xerais. Hans Christian Andersen, Jules Verne e El Quijote na literatura infantil e xuvenil do marco ibérico, 2005, Xerais. Para entenderte mellor. As literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico, 2005, Universidade de Santiago de Compostela. Multiculturalismo e identidades permeábeis na literatura infantil e xuvenil, 2006, Xerais. Con Isabel Soto e Pedro Lucas. Grandes autores para pequenos leitores, 2007, Deriva Editores, Porto. Teatro infantil. Do texto á representación, 2007, Xerais. Con Pedro Lucas e Isabel Soto. A Guerra Civil Española na narrativa infantil e xuvenil, 2008, Xerais. Con Pedro Lucas e Isabel Soto. A poesía infantil no século XXI (2000-2008). 2009, Xerais. Con Marta Neira Rodríguez e Isabel Soto. A Santiago. Relatos de Camiño infanto-xuvenís, 2010, Xunta de Galicia. Con Esther de León Viloria, Mar Fernández Vázquez e María del Carmen Ferreira Boo. Itinerario de lecturas. De camiño a Compostela pola Literatura Infantil e Xuvenil, 2010, Xunta de Galicia. Con Esther de León Viloria, Mar Fernández Vázquez e María del Carmen Ferreira Boo. Maré de livros, 2010, Deriva Editores (Porto). Con Esther de León Viloria e Isabel Mociño. Reescrituras do conto popular (2000-2009), 2010, Xerais. Con Marta Neira Rodríguez e Isabel Soto. O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010), 2011, Xerais. Con Marta Neira Rodríguez e Isabel Soto. A narrativa xuvenil a debate (2000-2011), 2012, Xerais. Con Marta Neira Rodríguez e Isabel Soto. Premios Literarios e de ilustración na LIX, 2013, Xerais. Con Marta Neira e Isabel Soto. Inmigración/Emigración na LIX, 2014, Xerais. Con Marta Neira e Isabel Soto. Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, 2015, Xerais. Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX, 2016, Xerais. Con Marta Neira e Isabel Soto.As mulleres como axentes literarios na LIX do século XXI (2018), Xerais. Coord. con Mª Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez.
Edicións Follas Novas, de Rosalía de Castro, 1990, Xerais. María Victoria Moreno. Nun lugar de Galicia. Días das Letras Galegas 2018, 2018, USC.
Traducións Cipi, de Mario Lodi, 1989, Xuvenil Alfaguara n.º 2, Alfaguara. Aquela Xulia Redfern, de Eleanor Cameron, 1990, Xuvenil Alfaguara n.º 13, Alfaguara.
Premios Premio Fervenzas literarias ao mellor libro de ensaio e investigación de 2015, por Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Premio da Crítica Galicia de Investigación de 2015, por Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega''..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Dicionario de autores/as do Barbanza
Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados no Porto do Son Categoría:Nados en 1949 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Tradutores ao galego