Albert Ernest Clifford "Cliff" Young, nado o 8 de febreiro de 1922 en Beech Forest, Victoria,Young, A.E.C. 1995, Cliffy's Book, High Country Publishing, Dargo. ISBN 064623241 e finado o 2 de novembro de 2003,End of the road for Cliff, The Sydney Morning Herald, 3 November 2003 foi un granxeiro australiano dedicado ao cultivo de pataca amais dun atleta que acadou sona e recoñecemento a Ultra Maratón de Westfield Sydney a Melbourne á idade de 61 anos.

Traxectoria Foi o fillo máis vello de Mary e Albert Earnest Young. Criouse nunha granxa Beech Forest, ao suroeste de Victoria. A granxa tiña aproximadamante 2000 acres e outras tantas ovellas.

A finais de 1982, despois de adestrar arreo nos arredores de Otway Ranges, Young fixo o seu primeiro intento por bater a plusmarca mundial que ostentaba Siggy Baue para as 1000 millas (ao redor de 1600 quilómetros), que estaba en 11 días e 23 horas. O intento tivo lugar en Colac, pero Young tivo que abandonar a metade de camiño. Young, tras a derrota, escribiu que a apoio do seu equipo era moi básico e ineficaz.

Ultra Maratón En 1983, con 61 anos, gañou a Ultra Maratón de Westfield Sydney a Melbourne (875 quilómetros). A carreira correuse entre os que daquela eran os meirandes centro comerciais de Australia: Westfield Parramatta, en Sydney, e Westfield Doncaster, en Melbourne.The Age, "Running the Good Race" obituary, Michael McGirr, 8 Nov 2003 Cliff cruzou a liña de meta vestido cunha funda de granxeiro e unhas botas de goma. Correu a paso lento e por tras dos líderes o máis do camiño; porén, ao evitar ter que durmir mentres os seus contrincantes si o facían, colleu vantaxe, chegando mesmo a gañar eventualmente por unha amplísima marxe sobre os seus seguidores.

Antes da carreira, Young afirmara perante os xornalistas que previamente xa correra durante entre dous e tres días seguidos tras das ovellas. Asegurou, así mesmo, que durante a carreira imaxinou que ía detrás do rabaño e escapando dunha tormenta.

Colleu gran sona logo deste fito ao estilo da fábula da lebre e a tartaruga "tortoise and hare", tantas que en Colac, Victoria, o Cliff Young Australian Six-Day Race foi creado aquel mesmo ano.

Marcas A carreira de Westfield levoulle 5 días, 15 horas e 4 minutos, rebaixando en case dous días a plusmarca previa entre Sydney e Melbourne. Os seis competidores que finalizaron a carreira bateron esa marca.

En 1997, con 75 anos, tratou de bater o récord de Ron Grant ao redor de Australia, e chegou a completar 6520 quilómetros dos 16000 que ten a carreira.Elite Feet, The Legend of Cliff Young: The 61 Year Old Farmer Who Won the World’s Toughest Race, December 30th, 2007 No 2000 conseguiu un récord mundial na carreira dos seis días de Victoria.

Vida persoal Era vexetarino dende 1973. Vivía na casa coa nai e o seu irmán Sid. Tras a carreira, con 62 anos, Young casou con Mary Howell, 39 anos máis nova. O seu sponsor, Westfield correu cos gastos da voda. Divorciáronse cinco anos máis tarde.Louise Willis Pasou os último cinco anos de vida enfermo de cancro, e morreu ás 17:21 o domingo 2 de novembro de 2003, con 81 anos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Cliff Young Tribute to Cliff Young

Categoría:Fondistas