Fausto Coppi nado en Castellania o 15 de setembro de 1919 e finado en Tortona o 2 de xaneiro de 1960 foi un ciclista italiano, o primeiro en gañar o Giro de Italia e o Tour de Francia no mesmo ano (1949), o que repetiría en 1952. Gañaría cinco Giros malia a interrupción sufrida por causa da segunda guerra mundial.
Traxectoria Iniciouse como profesional en 1939. Ademais dos Giros mencionados (1940, 1947, 1949, 1952, 1953), onde gañou 22 tiradas e tres veces o premio da montaña, ten no seu amplísimo palmarés dous Tour de Francia (1949 e 1952), onde gañou 9 tiradas e dúas veces o premio da montaña. Adxudicouse tamén un campionato do mundo de fondo en estrada (1953), dúas vitorias no Gran Premio das Nacións, ademais de varias clásicas entre as que destacan as tres vitorias na Milán-San Remo, unha na París-Roubaix e cinco no Giro a Lombardía. Foi récord mundial da hora en 1942 (45.871). Marca que resistiu 14 anos ata que foi superada por Jacques Anquetil.
Coñecido en Italia como il campionissimo, o país estaba dividido entre os seguidores do seu vello xefe de filas Gino Bartali e os partidarios de Fausto Coppi. No Giro Bartali relegouno á segunda posición en 1946, postos que se inverterían en 1947 e 1949. Ese mesmo ano Coppi sería primeiro e Bartali segundo nun Tour de Francia onde impuxeron o seu dominio.
Durante a guerra foi alistado e feito prisioneiro en África polos británicos o que incrementou a súa popularidade. En 1950 unha caída no Giro mantívoo fóra de competición gran parte da tempada. A partir de 1953 a publicidade da súa vida sentimental complicaríalle a súa vida deportiva. En 1954 sería cuarto no Giro e en 1955 segundo.
Unha malaria mal curada contraída nunha cacería no antigo Alto Volta (Burkina Faso) acabaría coa súa vida aos 40 anos de idade.
Palmarés 1940 Giro de Italia 20px e 1 etapa Campionato de Italia de persecución
1941 Campionato de Italia de persecución Tre Valli Varesine Giro d'Emilia Giro de Toscana Giro del Veneto Giro della Provincia di Milano
1942 Récord da hora Campión de Italia en ruta 15px 20px Campionato de Italia de persecución
1946 Milán-San Remo Giro da Lombardía GP das Nacións 2º no Giro de Italia, máis 3 etapas Giro della Romagna
1947 Giro de Italia20px e 3 etapas Campión de Italia en ruta 15px 20px Campionato Mundial de persecución Campionato de Italia de persecución Giro da Lombardía À travers Lausanne GP das Nacións Giro d'Emilia Giro del Veneto Giro della Romagna
1948 Milán-San Remo Tre Valli Varesine Giro da Lombardía 2 etapas no Giro de Italia e clasificación da montaña 20px Subcampión de Italia de ciclismo en ruta 15px Giro d'Emilia
1949 Tour de Francia 20px, clasificación da montaña 20px e 3 etapas Giro de Italia 20px, clasificación da montaña 20px e 3 etapas Milán-San Remo Giro da Lombardía Campionato Mundial de persecución Campión de Italia en ruta 15px 20px 3° Campionato del Mundo 16px Giro del Veneto Giro della Romagna1950 París-Roubaix Frecha Valoa Giro Reggio Calabria
1951 1 etapa no Tour de Francia e clasificación da montaña 20px 2 etapas no Giro de Italia Gran Premio de Lugano (contra o reloxo)
1952 Tour de Francia 20px, clasificación da montaña 20px e 5 etapas Giro de Italia20px e 3 etapas Gran Premio de Lugano (contra o reloxo)
1953 Campión Mundial de ciclismo en ruta 15px 20px Giro de Italia 20px e 3 etapas Trofeo Baracchi
1954 Giro da Lombardía 1 etapa no Giro de Italia e clasificación da montaña 20px Trofeo Baracchi Coppa Bernocchi Sucampión de Italia de ciclismo en ruta 15px Trofeo Baracchi Giro di Campania
1955 Campión de Italia en ruta 15px 20px Giro dos Apeninos 2º no Giro de Italia, máis 1 etapa Tre Valli Varesine Trofeo Baracchi Giro di Campania
1956 Gran Premio de Lugano (contra o reloxo)
1957 Trofeo Baracchi
Resultados nas grandes voltas e campionatos do mundo Carreira19401941194219431944194519461947194819491950195119521953195419551956195719581959Giro de Italia1ºXXXXX2º1ºAb.1ºAb.4º1º1º4º2º--32º-Tour de FranciaXXXXXXX--1º-10º1º-------Vuelta a EspañaX--XX----X-XXXX----Ab.Mundial en Ruta 24pxXXXXXXAb.-Ab.3º---1º6º-15º-17º-
Categoría:Ciclistas de Italia Categoría:Gañadores do Tour de Francia Categoría:Gañadores do Giro de Italia Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1960 Categoría:Nados na provincia de Alessandria