Michael William Balfe, nado en Dublín en 1808 e finado en Rowney Abbey en 1870, foi un compositor irlandés, coñecido pola súa ópera The Bohemian Girl (1843).
Traxectoria Fillo dun mestre de danza, a única educación musical que recibiu foi de seu pai e do músico C. E. Horn. Aos seis anos tocaba o violín para as clases do pai e aos sete compuxo unha polacca. En 1817 actuou por primeira vez en público, logo da morte de seu pai en 1823 uniuse á orquestra do teatro real Drury Lane, en Londres e actuou como barítono, con éxito só moderado. Entre 1825 e 1833 residiu en Italia, onde compuxo as súas primeiras óperas.
Ao regreso a Inglaterra estreou a ópera Siege of Rochelle en 1835 con grande éxito, á que lle seguiu en 1836 The Maid of Artois, tamén exitosa.
Categoría:Músicos de Irlanda Categoría:Nados en 1808 Categoría:Nados en Dublín Categoría:Finados en 1870 Categoría:Compositores de Irlanda