Julio Cortázar, nado en Ixelles (Bruxelas) o 26 de agosto de 1914 e finado en París o 12 de febreiro de 1984, foi un escritor arxentino.
Traxectoria Estudou Letras e Maxisterio, traballou na docencia e foi tradutor en varias cidades do interior na Arxentina. Trasladouse a París, onde fixou a súa residencia no 1951, para dedicarse á literatura, desenvolvendo unha actividade narrativa única no panorama da lingua castelá.
Parte dos contos de Julio Cortázar constitúen as pezas máis perfectas do xénero. Coa novela Rayuela marcou un antes e un despois na narrativa contemporánea.
Obras Contos Bestiario, 1951. Final de juego, 1956. Historias de cronopios y de famas, 1962. Un dos seus relatos, Discurso do Oso, é a primeira obra do autor traducida ao galegohttp://www.galiciae.com/nova/11034.html Kalandraka publica a primeira tradución de Córtazar ao galego. Todos los fuegos el fuego, 1966. El perseguidor y otros cuentos, 1967. Octaedro, 1974. Un tal Lucas, 1979. Queremos tanto a Glenda, 1980. Deshoras, 1982.
Novela Los premios, 1960. Rayuela, 1963. 62: Modelo para armar, 1968. Libro de Manuel, 1973.
Ensaio La vuelta al día en ochenta mundos, 1967.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores da Arxentina Categoría:Tradutores da Arxentina Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Nados en Bruxelas