Crimea, que abrangue a República Autónoma de Crimea, (ucraíno: Автономна Республіка Крим - Avtonomna Respublika Krym, ruso: Автономная Республика Крым - Avtonomnaia Respublika Krym, tártaro de Crimea: Qırım Muhtar Cumhuriyeti) e a cidade de Sebastopol, é unha península e república autónoma situada na costa setentrional do Mar Negro que foi anexionada por Rusia no ano 2014.

Crimea estivo baixo o control ruso dende 1783 até 1954, cando foi transferida dentro Unión Soviética, dende a República Soviética Federativa Socialista de Rusia á República Socialista Soviética de Ucraína. Posteriormente, despois do referendo do 20 de xaneiro de 1991, conseguiu o status de república autónoma dentro da República Socialista Soviética de Ucraína. Cando a Unión Soviética colapsou en 1991 e Ucraína se converteu nun estado independente, Crimea permaneceu como parte da nova Ucraína independente. Porén, en marzo de 2014, despois da revolución ucraína que depuxo ó presidente ucraíno, Viktor Yanukovych, os separatistas pro-rusos e as Forzas Armadas de Rusia tomaron o control do territorio. Celebrouse un controvertido referendo en Crimea, inconstitucional segundo as constitucións de Ucraína e Crimea, sobre a reunificación con Rusia e cuxos resultados indicaron un apoio maioritario da poboación. Crimea foi anexionada a Rusia como a República de Crimea e a cidade federal Sebastopol como suxeito federal de Rusia.

Mentres que Rusia e outros dez membros das Nacións Unidas recoñecen a Crimea como parte da Federación Rusa, Ucraína continúa a reclamar Crimea como parte integral do seu territorio, apoiada pola maioría dos gobernos estranxeiros e a Resolución 68/262 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

Etimoloxía Os antigos gregos déronlle o nome de Tauris e máis tarde Taurica (Ταυρική) polos seus habitantes, os Tauri. O seu nome actual, Crimea, deriva do nome en tártaro de Crimea da cidade, actualmente denominada Stary Krym, de Qırım que era a capital de provincia na época da Horda de Ouro, ese nome, que estaba relacionado coa palabra tártara para outeiro, pasou a denominar a toda a península, que os rusos rusificaron como Krym .

Xeografía miniatura|300px|Mapa da península da Crimea miniatura|300px|Foto Satélite da península da Crimea Crimea fai fronteira coa rexión do Khersón ao norte, co mar Negro ao sur e ao oeste e co mar de Azov ao leste. Ten unha área de 26.000 km², cunha poboación de 2,1 millóns de habitantes (2000). A súa capital é Simferopol.

A Crimea conecta co resto de Ucraína polo istmo de Perekop, cun largo que varía de 5 a 7 km. No extremo oriental atópase a península de Kerch, que está directamente enfronte da península de Taman, en terras rusas. Entre as penínsulas de Kerch e Taman atópase o estreito de Kerch, con 4,5 a 15 km de largura, que liga o mar Negro co mar de Azov.

A costa de Crimea está repleta de baías e portos. Eses portos atópanse no lado occidental do Istmo de Perekop, na baía de Karkinit; no suroeste, na baía aberta de Kalamita, cos portos de Eupatoria, Sebastopol e Balaklava; na baía de Arabat, no lado norte do istmo de Yenikale ou Kerch; e na baía de Caffa ou Teodosia, co porto homónimo no lado sur.

A costa sueste é flanqueada a unha distancia de 8 a 12 km do mar por unha cadea de montañas, os Montes de Crimea, esas montañas son acompañadas por cadeas paralelas secundarias. O 75 % do resto da superficie da Crimea consiste de pradarías semiáridas, unha continuación sur das estepas pónticas, que se inclinan levemente para o nordeste a partir dos pés dos Montes de Crimea. A cadea principal desas montañas érguese abruptamente do fondo do mar Negro, alcanzando unha altitude de 600 a 750 metros, comezando no suroeste da península, chamado cabo Fiolente.

Historia Idade Antiga Os primeiros habitantes dos quen ten noticia real foron os cimerianos, que expulsados polos escitas durante o século VII a.C. chegaron ata aquí. Unha pequena poboación que se refuxiara nas montañas coñeceuse posteriormente como os Tauri. Neste mesmo século, os antigos colonos gregos comezaron a ocupar a costa, isto é, dorios de Heraclea en Chersonesus, e xonios de Mileto en Teodosia e Panticapaeum (tamén chamado Bósporo).

Dous séculos máis tarde, (438 a.C.) o archon, ou líder, dos xonios asumiu o título de rei do Bósporo, un Estado que mantivo relacións importantes con Atenas, fornecendo a aquela cidade trigo e outros produtos. O último destes reis, Paerisades V, presionado polos escitas, pediu protección a Mithradates VI, rei de Pontus, en 114 a.C.. Despois da morte do seu protector, seu fillo Pharnaces, como recompensa polo auxilio dado aos romanos na guerra contra o propio pai, recibiu en 63 a.C. de Pompeu o reino do Bósporo. En 15 a.C. foi máis unha vez devolvido ao rei de Pontus, mais de aí en diante acabou manténdose un territorio tributario de Roma.

Idades Media e Moderna

Durante os séculos seguintes a Crimea foi invadida, atravesada ou ocupada sucesivamente polos godos (ano 250), polos hunos (376), polos xázaros (século VIII), polos bizantinos gregos (1016), polos kipchaks (1050), e polos mongois e os tártaros, (século XIII).

No século XIII, os xenoveses destruíron ou tomaron as colonias que os seus rivais Venecianos fundaran na costa da Crimea e establecéronse en, Cembalo (Balaklava), Soldaia (Sudak), e Caffa (Teodosia). Esas prósperas cidades comerciais existiron ata a conquista da península polo Imperio Otomán no 1475.

En canto iso, un pobo turcófono coñecido como tártaros de Crimea fincaran pé no norte e no centro da península desde o século XIII. O pequeno enclave de karaites instalouse entre os tártaros da Crimea, principalmente en Çufut Qale. Despois da destrución da Horda Dourada por Timur, eles fundaron un Cá da Crimea en 1427 con Haci I Giray, un decendente de Xenxis Khan. Os seus sucesores e el propio reinaron primeiramente en Solkhat (Eski Qırım) e, a partir do inicio do século XV, en Bakhchisaray. Despois do 1478, reinaron como príncipes tributarios do Imperio Otomán ata 1777, cando, derrotados polo xeneral ruso (futuro xeneralísimo) Alexander Suvorov, tornáranse dependentes da Rusia; finalmente, en 1783, toda a Crimea foi anexada ao Imperio Ruso.

Século XIX miniatura|300px|Mapa histórico (1890) Crimea converteuse en parte da provincia rusa de Taurida e foi campo de batalla durante a guerra de Crimea (1853–1856) entre Rusia por unha banda, e Francia, Gran Bretaña, o Imperio Otomán e Sardeña polo outro. Rusia e o Imperio Otomán entraron en guerra en outubro de 1853 pola cuestión da protección dos cristiáns ortodoxos en Terra Santa Rusia arrasou a frota otomá no porto de Sinop, no mar Negro; para parar a conquista rusa, Francia e Gran Bretaña entraron no conflito en marzo de 1854. Boa parte do conflito foi arredor do control do mar Negro, con batallas terrestres na península de Crimea. Os rusos resistiron un ano en Sebastopol mentres os aliados sitiábana. Despois da súa caía, chegouse a un acordo de paz en París en marzo de 1856 polo que o mar Negro había ser un mar neutral, sen que Rusia puidese ter navíos de guerra alí. A guerra devastou boa parte da economía e da infrastrutura da península.

Crimea na Unión Soviética No decurso da guerra civil rusa que seguiu á desaparición do Imperio Ruso, Crimea cambiou de mans varias veces e foi un punto forte do exército branco antibolxevique, que realizou accións militares na zona ata 1920. Durante o conflito formouse durante breve tempo, entre decembro de 1917 e xaneiro de 1918, unha república indepedente presidida polo líder tártaro Noman Çelebicihan que desapareceu logo da invasión dos bolxeviques, que finalmente crearon o 18 de outubro de 1921, a República Socialista Soviética Autónoma de Crimea dentro da República Soviética Federativa Socialista de Rusia, parte da Unión Soviética. Crimea experimentou dúas severas fames no século XX, Fame de 1921–1922 e o Holodomor de 1932–1933.

Crimea foi escenario dunha das máis sanguentas batallas da Gran Guerra Patriótica (segunda guerra mundial). Os invasores alemáns tiveron innúmeras perdas cando tentaron avanzar a través do istmo que liga Crimea con Ucraína, en Perekop, no verán de 1941, finalmente conseguiron atravesalo e os alemáns ocuparon a maior parte da Crimea, con excepción da cidade de Sebastopol (Cidade Heróica). Sebastopol resistiu heroicamente de outubro de 1941 ata o 4 de xullo de 1942, data na que os alemáns capturaron a cidade. As tropas soviéticas conseguiron liberar Sebastopol soamente en 1944.

En 1944 a poboación de etnia tártara de Crimea foi deportada a forza polo goberno soviético. Estímase que o 46% deses deportados morreron de fame e doenzas. En 1954, foi transferida por Nikita Khrushchev para a República Socialista Soviética de Ucraína como presente de conmemoración do 300° aniversario da unificación da Rusia e de Ucraína.

Nos anos da posguerra, Crimea converteuse nun destino turístico para os soviéticos e cidadáns de países aliados, construíndose toda unha serie de infraestruturas turísticas e de comunicacións, desenvolvéndose tamén a industria, especialmente nos portos de Kerch e Sebastopol e máis en Simferopol.

Logo dun referendo celebrado o 20 de xaneiro de 1991, o óblast de Crimea pasou a se converter nunha República Autónoma Socialista Soviética o 12 de febreiro dese ano

Parte de Ucraína independente Co colapso da Unión Soviética Crimea tornouse parte da independente Ucraína, unha situación que causou tensións entre Rusia e a Ucraína, e coa Frota do Mar Negro rusa con base na península, había preocupación por enfrontamentos armados. A fin da época soviética significou tamén a volta dos tártaros de Crimea do exilio e o seu reasentamento na península.

O 26 de febreiro de 1992, o parlamento de Crimea deulle o nome á entidade de República de Crimea e proclamou o autogoberno o 5 de maio de 1992Eastern Europe, Russia and Central Asia 2004, Routledge, 2003, ISBN 1-85743-187-1 (p. 540) e aprobou a primeira Constitución de Crimea o mesmo día.Russians in the Former Soviet Republics de Pål Kolstø, Indiana University Press, 1995, ISBN 0-253-32917-5 (p. 194) Ao día seguinte, o parlamento engadiu unha nova frase á constitución que declaraba que Crimea era parte de Ucraína. e poucos días despois, o 19 de maio, anulaba a súa proclamación de autogoberno, ao tempo que o goberno ucraíno aumentaba o a autonomía de Crimea. En xuño o presidente ruso Boris Eltsin e o ucraíno Leonid Kravchuk chegaban a un acordo para dividir a Frota Soviética do Mar Negro entre Rusia e a recentemente formada Mariña de Ucraína.Ready To Cast Off , TIME Magazine, 15 de xuño, 1992

O 14 de outubro de 1993, o parlamento de Crimea establecía o posto de Presidente de Crimea, que ostentaba Iuri Meshkov e se chegaba a un acordo para establecer unha cota de 14 deputados tártaros de Crimea. Non obstante continuaron os enfrontamentos políticos, e o 17 de marzo de 1995 o parlamento de Ucraína interveu, destituíndo a Meshkov e liquidando o posto de Presidente polas súas accións contra o estado e por promover a integración con Rusia.Lei 93/95 do 17 de marzo de 1995 Estableceuse unha nova constitución, que mudou o nome do territorio a República Autónoma de Crimea.

Logo da ratificación en maio de 1997 do Tratado de Amizade e Cooperación entre Rusia e Ucraína as tensións entre os dous países por Crimea cesaron lentamente, Porén en setembro de 2008 o ministro de asuntos exteriores de Ucraína, Volodimir Ohrizko acusou a Rusia de darlle pasaporte dese país á poboación de Crimea o que describiu como un problema real, pola política rusa de intervención militar no exterior para protexer cidadáns rusosCheney urges divided Ukraine to unite against Russia 'threat. Associated Press. 6 de setembro de 2008.

Crise de Crimea