Walking with a Ghost é unha canción de Tegan and Sara, editada como sinxelo do seu álbum So Jealous en abril do 2005. O tema tamén aparece na banda sonora do filme Monster-in-Law estreado ese mesmo ano.
"Walking with a Ghost" foi tamén obxecto dun popular mashup cando Party Ben combinou a versión de Tegan and Sara co tema de Mylo "Paris Four Hundred". Bautizouna "Walking with a Ghost in Paris", e tivo tanto éxito que o selo considerou editala oficialmente, pero Sara rexeitou a idea.
Listaxe de cancións "Walking with a Ghost" – 2:30 "Love Type Thing" – 1:47
Versión de The White Stripes Walking with a Ghost é un EP da banda estadounidense de rock alternativo The White Stripes, editado en decembro do ano 2005, seis meses despois do seu álbum Get Behind Me Satan. A versión dos White Stripes inclúe un vídeo musical.
Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Jack White, agás onde se indique.
"Walking with a Ghost" (Sara Quin) – 2:47 "Same Boy You've Always Known" (live) – 3:12 "As Ugly as I Seem" (live) – 5:04 "The Denial Twist" (live) – 2:35 "Screwdriver" (live) – 5:15 "Shelter of Your Arms" – 3:30 (canción extra na edición xaponesa do EP)
Categoría:Sinxelos de 2005 Categoría:EPs musicais de 2005