O leone é a moeda oficial de Serra Leoa dende 1964 (tres anos despois da independencia do país africano), cando pasou a substituír a Libra de África Occidental a razón de 2 leones por cada libra. O seu código ISO 4217 é SLL e a súa abreviatura é Le. Tradicionalmente subdividiuse en 100 cents, a pesar de que na actualidade non se empregan as fraccións desta moeda. Son emitidos polo Bank of Sierra Leone (Banco de Serra Leoa) e deben o seu nome ao nome do país.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Banco de Serra Leoa .

Serra Leoa Categoría:ISO 4217