Agapito Francisco Nicasio Pajares Ojeros, coñecido como Nicasio Pajares, nado na Trabanca (Padrón) o 11 de decembro de 1881 e finado en Madrid o 26 de abril de 1956, foi un escritor galego.

Traxectoria Fillo dun militar. Emigrou a Uruguai con 14 anos xunto do seu tío Vicente Pajares, coronel do exército uruguaio. Regresou ao ano seguinte e estudou teneduría de libros. Emigrou a Buenos Aires e empregouse nun comercio, até que decidiu estudar literatura en Rosario. Colaborou no periódico El Despertar Hispano. En 1906 volveu a Galicia para visitar a súa familia, pero foi detido en Vigo o 3 de agosto por facer manifestacións anarquistas no barco.El Noroeste, 4-8-1906, p. 1.Noticiero de Vigo, 4-8-1906, p. 2. De volta na Arxentina foi futbolista no River Plate, e dedicouse ao xornalismo colaborando nas revistas Mundo Argentino (da que foi xefe de redacción), Fomento de la Instrucción Gallega e Fray Mocho.

En 1919 regresou de xeito definitivo a España dedicándose a escribir novelas de tema americano e ton humorístico. Tamén colaborou nas revistas La Esfera, Nuevo Mundo, Mundo Gráfico, Alfar e España. Casou en Madrid en 1920 con María Escolano. Foi enterrado no cemiterio da Almudena de Madrid. En xullo de 2004 as fundacións Rosalía de Castro e Camilo José Cela tentaron recuperar a súa obra. miniatura|260px|Casa natal na Trabanca.

Obras Teatro de la emigración, 1922. El conquistador de los trópicos, 1923. El pensador de la selva, 1924. Atorrántida, 1929. Don Quijote y el tío Sam, 1930. Como pervirtieron a Palleiros, 1931.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Nicasio Pajares (1881-1956)

Categoría:Xornalistas de Padrón Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1956