Ventura José Emilio Pérez Mariño, nado en Vigo o 29 de decembro de 1948 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 2024, foi un xurista e político galego. Foi maxistrado da Audiencia Nacional, deputado no Congreso e alcalde de Vigo.

Traxectoria En 1993 pediu a excedencia do poder xudicial para presentarse como candidato independente ao Congreso dos Deputados, encabezando a lista do PSdeG pola provincia de Lugo. Deixou o cargo o 13 de febreiro de 1995 a instancias do partido, catro días despois de romper a disciplina do grupo parlamentario votando en contra do goberno en catro ocasións. Amais, solicitaba publicamente a dimisión do presidente Felipe González, a formación dun goberno de xestión e a convocatoria de eleccións anticipadas"El adiós a la política del juez que nunca dejó de serlo", artigo en El Mundo, 12 de febreiro de 1995 ."Pérez Mariño, la desventura del PSOE" , artigo en El Siglo de Europa, 8 de decembro de 2003..

En 2003 encabezou como independente a lista do PSdeG nas eleccións municipais do 25 de maio no concello de Vigo. Tras un acordo co Bloque Nacionalista Galego, Pérez Mariño foi nomeado alcalde, pero o 29 de novembro dese mesmo ano foi derrocado logo dunha moción de confianza esixida polo Bloque, saldada cos votos favorables á súa xestión do PSdeG (8 concellarías) e o grupo mixto (2 votos), e contrarios do PPdG (10) e BNG (7). O BNG rompeu o pacto de gobernabilidade e retirou o apoio ao alcalde logo de meses de dificultades e desencontros no goberno local. Corina Porro, daquela portavoz do grupo municipal popular, gobernou en minoría até as seguintes eleccións. O 5 de xullo de 2005 Ventura Pérez renunciou á acta de concelleiro alegando motivos "estritamente persoais".

Vida persoal Estivo casado coa tamén xuíz Dolores Galovart e foi pai de Claudia e Denís Pérez Galovart.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Eleccións municipais en Vigo

Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Nados en 1948 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura) Categoría:Finados en 2024