María Rita Barberá Nolla, nada en Valencia o 16 de xullo de 1948 e finada en Madrid o 23 de novembro de 2016Muere Rita Barberá en Valencia Plaza (23-11-2016)., foi unha política española do Partido Popular. Foi a alcaldesa da cidade de Valencia entre 1991 e 2015.

Traxectoria Foi licenciada en Ciencias Políticas, Económicas e Empresariais pola Universidade de Valencia e de Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid. Foi cofundadora do Partido Popular en Valencia e deputada nas Cortes Valencianas dende 1983. Foi elixida alcaldesa de Valencia o 15 de xullo de 1991 e reelixida nas eleccións de 1995, 1999, 2003, 2007 e 2011 nas que conseguiu a maioría absoluta.

Nas eleccións de 2015, o Partido Popular perdeu a maioría absoluta e Rita Barberá perdeu a alcaldía grazas a un pacto de esquerdas entre Compromís, PSPV e València en Comú.

Involucrada nos casos «Rita Leaks» e «Operación Taula», viuse obrigada a darse de baixa no PP o 14 de setembro de 2016 para manter o seu cargo de senadora. Faleceu dun infarto no Hotel Villa Real, situado fronte ao Congreso, onde se aloxaba, o 23 de novembro do mesmo anoRita Barberá muere de un infarto en un hotel de Madrid, en El País (23-11-2016)..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial

Categoría:Políticos da Comunidade Valenciana Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Valencia Categoría:Alcaldes de Valencia Categoría:Políticos do PP Categoría:Finados en 2016 Categoría:Finados por cirrose Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Senadores por designación das Cortes Valencianas Categoría:Políticos de España pertencentes a lexislativos autonómicos