Xoán Xosé Pita Díaz, nado en Covas en 1951, é un político nacionalista galego vinculado ao BNG.

Traxectoria Estudou náutica e desenvolve a súa actividade profesional como empresario autónomo nunha empresa de prefabricados.

Nas eleccións de 1999 foi elixido concelleiro en Ferrol. Até 2003 formou parte do goberno da cidade, onde estivo á fronte de varias delegacións, como Seguridade e Tráfico ou Zona Rural. En 2007 preséntase como candidato dos nacionalistas ao concello de Ferrol, nuns comicios onde pasa de 6 a 2 concelleiros. Continuou á fronte do cargo de voceiro municipal do BNG no concello, e volveu ser o cabeza de lista do seu partido para as locais de 2011, cando revalida os 2 concelleiros.

Meses despois, en novembro de 2011, presenta a súa dimisiónO voceiro do BNG, Xoán Xosé Pita, deixa o Concello tras doce anos , Diario de Ferrol, 2/12/2011.. Substituíno na vocería local Mercedes Tobío.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ferrol

Ligazóns externas Entrevista con Pita en Xornal de Galicia o 17 de xaneiro de 2011.

Categoría:Concelleiros de Ferrol Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1951 Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes