Antonio Brufau Niubó, nado en Mollerussa en 1948, é un empresario catalán. É licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Barcelona e máster en Economía por IESE.

Traxectoria Incorporouse a La Caixa en 1988 como Director Xeral Adxunto e responsábel do grupo industrial da entidade. Anteriormente, foi Socio Director na firma Arthur Andersen. En La Caixa xogou un papel determinante, xunto co entón presidente de La Caixa Josep Vilarasau e Isidre Fainé, no proceso de fusión da Caixa de Pensións de Cataluña e Baleares e a Caixa de Aforros e Monte de Piedade Barcelona, que deu lugar a La Caixa. En 1994, en representación de La Caixa, Brufau pasou a presidir o parque temático Port Aventura.

En xullo do ano 1997, foi nomeado Presidente do Grupo Gas Natural cargo que ocupou até 2004. Durante este período a compañía gasista experimento unha importante transformación e expansión internacional.

Dende 1996 ata 2004, Brufau foi membro do Consello de Administración de Repsol. En 2004 foi nomeado Presidente Executivo de Repsol YPF, multinacional integrada de petróleo e gas natural. Dende a súa chegada á Presidencia de Repsol a compañía renovou a súa estrutura organizativa e fixou os eixes prioritarios de crecemento en Upstream, Gas natural Licuado (GNL) e Downstream.

Categoría:Empresarios de España Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra Categoría:Nados en Mollerussa Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Nados en 1948 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Ramon Llull