Cristina Federica Victoria Antonia de la Santísima Trinidad de Borbón y Grecia, nada en Madrid o 13 de xuño de 1965, é infanta de España e foi duquesa de Palma, é a segunda dos fillos dos reis de España Xoán Carlos I e Sofía. É a sexta na liña de sucesión logo das fillas do seu irmán Filipe, rei de España, e da súa irmá Helena e os seus fillos.
Traxectoria
É licenciada en ciencias políticas pola Universidade Complutense de Madrid e en 1990 realizou un máster en Relacións Internacionais na Universidade de Nova York.
Casou na catedral de Barcelona o 4 de outubro de 1997 con Iñaki Urdangarin. Por mor desta voda, o seu pai, o Rei Xoán Carlos, outorgoulle o título non herdable de Duquesa de Palma de MallorcaBOE de 27-9-1997, número 232, páxina 28331.. A parella tivo catro fillos: Juan Valentín de Todos los Santos, Grande de España, nado o 29 de setembro de 1999. Pablo Nicolás de Todos los Santos, Grande de España, nado o 6 de decembro de 2000. Miguel de Todos los Santos, Grande de España, nado o 30 de abril de 2002. Irene de Todos los Santos, Grande de España, nada o 5 de xuño de 2005.
Viviu en Barcelona, concretamente no barrio de Pedralbes, durante moitos anos. En 2009 a familia trasladouse por motivos laborais de Iñaki Urdangarin a Washington. En setembro de 2012, os duques de Palma volveron establecer a súa residencia en Cataluña. Por Real Decreto de 11 de xuño de 2015 (publicado ao día seguinte), o seu irmán, o Rei Filipe VI, revogoulle o título de Duquesa de Palma de MallorcaBOE de 12-6-2015, número 140, páxina 49608..
Caso Nóos
Ascendencia </center>
Notas
Véxase tamén Familia real española
Categoría:Familia real española Categoría:Infantes de España Categoría:Ex-duques de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1965