Wilco é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Chicago, Illinois no ano 1994. O grupo formárono os membros da banda de country alternativo Uncle Tupelo, despois da saída do seu vocalista Jay Farrar. Os seus membros cambiaron frecuentemente, permanecendo só o vocalista Jeff Tweedy e o baixista John Stirratt da súa formación orixinal. Dende o ano 2004, os outros membros son o guitarrista Nels Cline, os multi-instrumentistas Pat Sansone e Mikael Jorgensen e o batería Glenn Kotche.
A música de Wilco foi inspirada por unha gran variedade de artistas e estilos, e converteuse en influencia dun bo número de grupos de rock alternativo actuais. No seu álbum de estrea Wilco continuou o son country alternativo de Uncle Tupelo, pero dende entón introduciron máis experimentación á súa música, incluíndo elementos do rock alternativo e do pop clásico.
Discografía Álbums de estudio Nome Data de lanzamento Selo A.M. 28 de marzo de 1995Sire/Reprise Being There 29 de outubro de 1996 Reprise Records Summerteeth 9 de marzo de 1999 Reprise Records Yankee Hotel Foxtrot 18 de setembro de 2002Nonesuch Records A Ghost Is Born 22 de xuño de 2004 Nonesuch Records Sky Blue Sky 15 de maio de 2007 Nonesuch Records Wilco (The Album) 30 de xuño de 2009 Nonesuch Records The Whole Love 27 de setembro de 2011 dBpm Star Wars 16 de xullo de 2015 dBpm Schmilco 9 de setembro de 2016 dBpm Ode to Joy 4 de outubro de 2019 dBpm Cruel Country 27 de maio de 2022 dBpm Cousin 29 de setembro de 2023 dBpm
EPs Álbum Ano Selo Notas All Over the Place 1997 - More Like the Moon 2003 Nonesuch The Wilco Book 2004 Nonesuch A Ghost Is Born 2005 Nonesuch EP extra Sky Blue Sky 2007 Nonesuch EP extra iTunes Session 2012 dBpm
Álbums ao vivo Kicking Television: Live in Chicago - 2005
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da banda
Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de country alternativo Categoría:Grupos musicais de folk rock Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de Chicago, Illinois Categoría:Grupos musicais formados en 1994