Juan Ramón Martínez Barbosa, nado no Rosal o 20 de decembro de 1977, é un historiador e escritor galego.
Traxectoria Curso estudos de Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente traballa no Concello do Rosal. Colabora con artigos e colaboracións histórico-literarias en publicacións locais.
Obra Obras colectivas Memoria Histórica da capela da Madanela no Monte da Pedrada e vestixios dunha fortaleza, 2007, con Xoán Martínez Tamuxe. Santa Mariña de Baíña e o Eremitorio de San Cosme, 2008, Comunidade de Montes de Baíña. Con Xoán Martínez Tamuxe. Os muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal, 2009, Deputación de Pontevedra. Con Xoán Martínez Tamuxe.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados no Rosal Categoría:Nados en 1977