Apocalypto é un filme dirixido por Mel Gibson e producido polos estudios Icon Entertainment, que se estreou nos Estados Unidos o 8 de decembro do 2006. A historia está ambientada nas terras maias da América precolombiana e foi filmada en lingua maia iucateca. Apocalypto é un drama de acción e aventura que conta unha historia de amor, odio e violencia na era anterior á chegada dos conquistadores españois. Foi filmada no estado mexicano de Veracruz.
Sinopse Nunha aldea perdida na selva do Iucatán vive Gadoupa-Xaguar, un xove indíxena que vive en paz coa súa comunidade ata que un día o seu poboado é atacado por un grupo de guerreiros maias, que levan os mozos para sacrificios e as mulleres para seren escravas. Despois dunha desesperada resistencia, o protagonista é capturado cos seus compañeiros, mais non o foron a súa muller e o seu fillo, que foron agochados antes da chegada dos invasores. Os prisioneiros son levados a unha cidade, (probablemente Palenque ou Chichén Itzá), pero Gadoupa-Xaguar deberá enfrontarse ós seus captores para tratar de volver onda súa familia.
Personaxes
Any Puello como Heaven Flower Rudy Youngblood como Jaguar Paw Dalia Hernández como Seven Jonathan Brewer como Blunted Mayra Sérbulo como Muller nova Morris Birdyellowhead como Flint Sky Carlos Emilio Báez como Turtles Run Amílcar Ramírez como Curl Nose Israel Contreras como Smoke Frog Israel Ríos como Cocoa Leaf María Isabel Díaz como Mother-in-Law Iazúa Laríos como Sky Flower Raoul Trujillo como Zero Wolf Gerardo Taracena como Middle Eye Rodolfo Palacios como Snake Ink Ariel Galván como Hanging Moss Fernando Hernandez como High Priest Rafael Velez como Rei maia Bernardo Ruiz Juárez como Drunkards Four Ricardo Díaz Mendoza como Cut Rock Richard Can como Ten Peccary Carlos Ramos como Monkey Jaw Ammel Rodrigo Mendoza como Buzzard Hook Marco Antonio Argueta como Speaking Wind Aquetzali García como Oracle boy María Isidra Hoil como Oracle Girl Abel Woolrich como Laughing man Gilmerio DSouza como Ultimate Ekach
Premios 2006: 3 Nomeamentos ó Oscar: Mellor maquillaxe, son, efectos sonoros. 2006: Nomeado ó Globo de Ouro: Mellor filme de fala non inglesa. 2006: Nomeado ó BAFTA: Mellor filme de fala non inglesa.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do filme Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua maia Categoría:Filmes dirixidos por Mel Gibson Categoría:Filmes con bandas sonoras de James Horner Categoría:Filmes de Icon Productions Categoría:Filmes de Touchstone Pictures Categoría:Filmes rodados en México Categoría:Filmes ambientados na América precolombiana Categoría:Filmes ambientados en Mesoamérica Categoría:Filmes ambientados en Guatemala