Xaime Bello Costa, nado en Ferrol o 5 de decembro de 1950, é un político galego. Foi alcalde do concello de Ferrol entre 1999 e 2003.
Traxectoria
Militante do Bloque Nacionalista Galego, gobernou durante o seu mandato en pacto xunto ao PSdG-PSOE, tendo por tenente de alcalde ao tamén ferrolán, Bonifacio Borreiros.
Durante o seu goberno municipal, e por expresa vontade da maioría da cámara municipal de Ferrol, o 4 de xullo de 2002 tivo lugar a retirada da estatua ecuestre do ditador Francisco Franco, realizada en 1967 por Federico Coullaut-Valera Mendigutia.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Ferrol
Categoría:Alcaldes de Ferrol Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1950 Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG