Xosé Antonio López Teixeira, nado en Vigo en 1957, é un historiador e ensaísta galego.

Traxectoria Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce de profesor no IES Santa Irene. O seu labor de investigación xira, fundamentalmente, acerca da análise dos alicerces políticos e da conformación do Reino de Galicia -e xa que logo, da propia comunidade galaica-, situada na luzada da Idade Media. Colabora habitualmente en revistas de investigación e pensamento e en suplementos culturais de xornais.

Obras Ensaio As orixes políticas do reino. Usurpadores e tiranos, 1999. Arredor do 'Regnum Christianorum' dos Galegos, 2000. A reconstrucción político-institucional do reino de Gallaecia, 2001. Arredor da conformación do reino de Galicia (711-910), 2003, Toxosoutos. A formación do reino de Galiza, 2010, Toxosoutos. Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega, 2013, Toxosoutos.

Obras colectivas Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Ediciós do Castro.

Premios Mención de honor no Concurso Nacional de Poesía O Facho de 1980, por Na parede de granito rosáceo. Premio de Historia Medieval de Galicia en 2002, por Arredor da conformación do reino de Galicia (711-910). Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal en 2013, por Códice Calixtino.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1957 Categoría:Medievalistas Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Historiadores de Galicia