A illa das cabezas cortadas (en ) é un filme de acción e aventuras dirixido por Renny Harlin que se estreou en 1995. Foi escrito por Robert King e Marc Norman e baséase na historia orixinal de Michael Frost Beckner, James Gorman, Bruce A. Evans e Raymond Gideon. Está protagonizado por Geena Davis, Matthew Modine e Frank Langella. É unha coprodución internacional de diferentes compañías dos Estados Unidos, Francia, Alemaña e Italia.
O filme tivo unha escabrosa e caótica produción, con numerosas versións do guión e novos castings, e ademais recibiu críticas dispares. Porén, foron louvadas as secuencias de acción, as localizacións de rodaxe e maila banda sonora. É coñecido por ser o filme menos rendible da historia, e por levar á bancarrota ós estudos Carolco Pictures, antes da súa reapertura no 2015.
Estreouse en galego a través da TVG.
Sinopse Unha muller pirata coñecida como Morgan Adams (Geena Davis) e o seu escravo William Shaw (Matthew Modine), andan na procura das tres partes nas que se divide un mapa do tesouro. O tesouro atópase na misteriosa Illa Asasina. Pero por desgraza, a derradeira parte do mapa perténcelle ó seu malvado tío, Douglas Adams ('Dawg Brown'), quen asasinou o pai de Morgan, Henry "Black Harry" Adams (Harris Yulin). Por outra banda, a compañía británica de Xamaica alíase con Douglas Adams para tentar acabar coa piratería no mar Caribe, pero realmente están sendo enganados por este.
Personaxes Geena Davis como Morgan Adams Matthew Modine como William Shaw Frank Langella como Dawg Maury Chaykin como John Reed Patrick Malahide como Ainslee Stan Shaw como Glasspoole Rex Linn como Mr. Blair Harris Yulin como "Black" Harry Adams Angus Wright como Capitán Trotter Ken Bones como Toussant Christopher Masterson como Bowen
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en TCM Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Renny Harlin Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes de Carolco Pictures Categoría:Filmes rodados en Tailandia Categoría:Filmes rodados en Malta Categoría:Filmes ambientados no Caribe Categoría:Filmes ambientados en Xamaica Categoría:Filmes de piratas Categoría:Filmes de capa e espada Categoría:Filmes de 1995 con versión en galego