Pastor Maldonado, nado en Maracay o 9 de marzo de 1985, é un piloto de carreiras venezolano que corre actualmente na Fórmula 1 co equipo Williams F1. Ten a marca de maior número de vitorias nunha mesma tempada con 6 na GP2 Series, superando a pilotos como Lewis Hamilton, Nico Rosberg, Timo Glock e Nico Hülkenberg
Converteuse no primeiro venezolano en gañar un Gran Premio de Fórmula Un ao gañar o Gran Premio de España de 2012, para Williams, na súa primeira pole position. Ás veces causou controversias polo seu estilo de condución errática, estivo involucrado en varios accidentes ao longo da súa carreira.
Traxectoria Inicios Debuta no karting en 1993 pero o seu salto ao automobilismo de grandes competicións foi en Fórmula A no ano 2000 terminando undécimo no campionato mundial. En 2003 ingresa no campionato de Fórmula Renault de Italia como piloto do equipo Cram Competition quedando no sétimo posto da táboa final do campionato. Nesa tempada logrou facerse cunha pole position e chegar en tres oportunidades ao podio. No ano 2004 participou na Fómula Renault Italia novamente e na Fórmula Renault Europa, en Italia proclamaríase campión ao conseguir oito vitorias e seis pole position, mentres que no campionato europeo terminaría oitavo tras conseguir dúas vitorias.
F3000 italiana En 2005 participa no equipo Sighinolfi Auto Racing da Fórmula 3000 italiana onde conseguiría nunha oportunidade o primeiro lugar nunha carreira terminando noveno ao final do campionato.
Renault World Series En 2005, Maldonado ingresa nas Renault World Series co equipo DAMS, obtendo resultados regulares; pero en 2006 a súa actuación na WSR mellorou tras ser fichado polo equipo Draco Racing, obtendo o terceiro lugar do campionato dese ano.
Nese último ano estivo marcado pola controversia, xa que Maldonado puido titularse campión da WSR logo que lle fosen descontados 16 puntos, (vitoria e volta rápida) no cirtcuito de Misano-Italia, xa que o sueco Alx Danielsson terminou o campionato con 105 puntos e Maldonado con 98 puntos.
GP2 Series Ascende á GP2 Series na tempada 2007 no equipo italiano Trident Racing participando co auto 12, obtén unha vitoria en Mónaco. Paralelamente, o piloto de Maracay disputou seis probas en Fórmula 1 para obter a Súper Licenza e esperar a súa confirmación como piloto da F1. Na tempada 2008, o venezolano firma con Piquet Sports, compartindo equipo xunto a Andreas Zuber. Maldonado conseguiu acabar nun bo 5º posto na clasificación final. Na Tempada 2009, Maldonado participou co equipo ART Grand Prix sendo compañeiro de Nico Hülkenberg, quen se alzou co campionato. Pastor acabou sexto con 36 puntos, e na 2010, pasou ás filas do Rapax Team, co que consegue o campionato cunha clara vantaxe ante o seu máis próximo seguidor o mexicano Sergio Pérez.
Fórmula 1 Pastor tivo conversacións con varios equipos da Fórmula 1. Os seus excelentes resultados e constancia na GP2 déronlle moitos números para dar o salto á máxima categoría. O 1 de decembro de 2010 confirmouse a súa participación coa escuadra Williams F1 do controvertido Frank Williams.
Maldonado substituíu o alemán Nico Hülkenberg para o 2011 e continuará con patrocinio da petroleira estatal Petróleos de Venezuela.
Andaina Resumo da súa carreira
Tempada Series Equipo Carreiras Gañadas Poles Volta rápida Podios Puntos Pos. Final 2003 Formula Renault 2.0 Italy Cram Competition 12 0 1 1 3 118 7º Formula Renault 2000 Masters 8 0 0 0 0 0 28º Formula Renault 2.0 Germany 2 0 0 0 0 3 43º Formula Renault 2.0 Italy Winter Cup ? ? ? ? ? ? 1º 2004 Formula Renault 2.0 Italy 17 8 6 11 12 326 1º Formula Renault 2000 Eurocup 15 2 0 1 3 134 8º Formula Renault V6 Eurocup 2 0 0 0 0 12 21º Fórmula 1 Minardi F1 Team Piloto de probas 2005 World Series by Renault DAMS 8 0 0 0 0 4 25º Italian Formula 3000 Sighinolfi Auto Racing 4 1 1 1 1 14 9º 2006 World Series by Renault Draco Racing 17 3 5 6 5 103 3º 2007 GP2 Series Trident Racing 13 1 1 0 2 25 11º Euroseries 3000 G-Tec 2 1 1 1 1 12 10º Formula 3000 Italy 2 1 1 1 1 12 8º 2008 GP2 Series Piquet Sports 20 1 2 3 6 60 5º International GT Open - GTS Scuderia Latorre 2 0 0 0 1 8 22º Euroseries 3000 GP Racing 1 1 0 1 1 11 12º International GT Open Scuderia Latorre ? ? ? ? ? 18 32º 2008–09 GP2 Asia Series ART Grand Prix 5 0 0 0 1 7 15º 2009 Euroseries 3000 Teamcraft Motorsport 2 1 0 0 1 10 10º GP2 Series ART Grand Prix 20 2 0 0 2 36 6º 2010 GP2 Series Rapax Team 20 6 0 5 8 87 1º 2011Fórmula 1AT&T Williams 19 0 0 0 0 1 18º 2012Fórmula 1Williams F1 Team 20 1 1 0 1 45 15º 2013Fórmula 1Williams F1 Team 19 0 0 0 0 1 18º 2014Fórmula 1Lotus F1 Team 19 0 0 0 0 2 16º 2015Fórmula 1Lotus F1 Team 19 0 0 0 0 27 14º
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Escudería 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Posto Puntos 2011 Williams AUSRet MYSRet CHN18 TUR17 ESP15 MON18† CANRet EUR18 GBR14 ALE14 HUN16 BEL10 ITA11 SIN11 XPN14 RCORet INDRet ABU14 BRARet 19º 1 Williams AUS13† MAL19† CHN8 BAHRet ESP1 MONRet CAN13 EUR12 RU16 ALE15 HUN13 BELRet ITA11 SINRet XPN8 COR14 IND16 ABU5 USA9 BRARet 15º 45 Williams AUSRet MALRet CHN14 BAH11 ESP14 MONRet CAN16 RU11 ALE15 HUN10 BEL17 ITA14 SIN11 COR13 XPN16 IND12 ABU11 USA17 BRA16 18º 1 Lotus F1 Team AUSRet MALRet BAH14 CHN14 ESP15 MONNTS CANRet AUT12 RU17† ALE12 HUN13 BELRet ITA14 SIN12 XPN16 RUS18 USA9 BRA12 ABURet 16º 2 Lotus F1 Team AUSRet MALRet CHNRet BHR15 ESPRet MONRet CAN7 AUT7 RURet HUN14 BELRet ITARet SIN12 XPN8 RUS7 USA8 MEX11 BRA10 ABURet14º27
† Pilotos que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Pastor como líder da mocidade venezolana A partir do salto dado á F1, Pastor Maldonado consolidou aínda máis o seu liderado ante a mocidade venezolana, converténdose en exemplo a seguir por moitos deles. Tivo ocasión de facer varias aparicións públicas en televisión nacional onde afianzou ese liderado, transmitindo á mocidade mensaxes altamente positivas, motivándoos a alcanzar as metas propostas, sen esquecer xamais as súas orixes, e o compromiso social que deben ter para os seus connacionales.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Renault Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Williams